Montrezl Dashay Harrell, nado o 26 de xaneiro de 1994 en Tarboro, Carolina do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Harrell foi seleccionado na 32ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Houston Rockets. O 19 de setembro de 2015 asinou un contrato de tres anos cos Rockets. Debutou na NBA o 28 de outubro de 2015, facendo oito puntos e tres rebotes na derrota dos Rockets por 105-85 contra os Denver Nuggets. Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Rio Grande Valley Vipers, afiliado dos Rockets na NBA D-League.

O 28 de xuño de 2017, Harrell foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Patrick Beverley, Sam Dekker, Darrun Hilliard, DeAndre Liggins, Lou Williams, Kyle Wiltjer e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018, a cambio de Chris Paul.

O 22 de novembro de 2020, Harrell asinou cos Los Angeles Lakers. O 22 de decembro de 2020, Harrell debutou cos Lakers facendo 17 puntos, 10 rebotes e 3 asistencias na derrota por 116–109 contra os Los Angeles Clippers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no condado de Edgecombe, Carolina do Norte Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers