Aaron Charles Donald, nado o 23 de maio de 1991 en Pittsburgh, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de defensive tackle para Los Angeles Rams da National Football League (NFL). Xogou a nivel universitario en Pittsburgh, onde foi recoñecido como All-American por unanimidade. En 2014 foi seleccionado no Draft da NFL polos Rams, tendo gañado numerosos recoñecementos como varios nomeamentos á Pro Bowl, mellor Rookie Defensivo do Ano (2014) ou Mellor Xogador Defensivo da NFL (2017, 2018). Donald é coñecido pola súa sobresaliente forza física, e está recoñecido como un dos mellores defensas da competición e incluso como un dos mellores xogadores en global.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Aaron Donald na páxina de Los Angeles Rams

Categoría:Xogadores dos Los Angeles Rams Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania