Miguel Chapel Salgueiro, nado en Monforte de Lemos o 9 de xaneiro do 1903 e finado en Aulnay-sous-Bois (Sena-San Denis) en 1978, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Fillo dun cidadán de orixe francesa residente en Monforte de Lemos dende 1895. Ingresou na Compañía de Ferrocarriles del Norte como fogueiro en decembro de 1918. Afiliado á UGT, formou parte da primeira directiva da 3ª zona do Sindicato Nacional Ferroviario. En 1930 participou na reorganización da Agrupación Socialista de Monforte de Lemos e representou a Agrupación Socialista de Monforte no XIII Congreso do PSOE en 1932. Foi fundador das Juventudes Socialistas en 1933 e presidente da agrupación local de Monforte.Una plaza fuerte del socialismo

Con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido polo achado dun depósito de bombas en Ponte Raigada (Mourelos). Foi proclamado candidato do PSOE para as eleccións de febreiro de 1936. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións, foi designado concelleiro de Monforte polo gobernador civil o 15 de marzo, e foi elixido síndico e tenente de alcalde. Foi presidente do comité local pro Estatuto de Autonomía en xuño.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na formación das milicias que partiron de Monforte cara Lugo para a defensa da República. Fuxiu de Monforte, pasando a Portugal con Juan Tizón Herreros. De Portugal pasou a Xibraltar e de alí a Inglaterra e despois a Francia, onde se encontraba no momento da invasión nazi. Xulgado en rebeldía, abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940 e foi sancionado con 8 anos de inhabilitación especial, 3 anos e un día de desterro a máis de 100 quilómetros de Monforte e ao pago de 250 pesetas.

Logo da liberación de Francia estableceuse en Aulnay-sous-Bois, preto de París, traballando nunha fábrica de aparatos eléctricos na Port de la Chapelle. Foi concelleiro en Aulnay-sous-Bois polo Partido Socialista francés. En 1963 solicitou desde Francia o dereito ao subsidio de vellez na RENFE, pero foille denegado. Vida persoal

Casou con Antonia Carballo Otero. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Sindicalistas de UGT Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros de Monforte de Lemos Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes