Para ver outros artigos co mesmo nome, vexa Hamlet (homónimos).
Hamlet é unha traxedia escrita por William Shakespeare, unha das obras teatrais máis coñecidas e citadas do mundo. Shakespeare escribiuna entre 1600 e o verán de 1602, e publicouse por vez primeira en 1603. O soliloquio To be or not to be (ser ou non ser) é a pasaxe máis popular da obra.
Historia e adaptacións
A historia da obra provén da tradición escandinava que fixo coñecida Saxo Grammaticus na súa obra Gesta Danorum a comezos do século XIII ó escribir a historia do príncipe Hamlet. Á súa vez, o Hamlet converteuse nun mito a explorar dentro do teatro e mais tamén do cinema de todos os tempos. Entre as versións e revisitacións sobre este tema destacaron O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca, de Álvaro Cunqueiro (1958) e mais o Hamlet Machine, do alemán Heiner Müller (1979). Existen numerosas adaptacións cinematográficas e televisivas de Hamlet. Algunhas das máis coñecidas son a de Laurence Olivier de 1948, a de Franco Zeffirelli, protagonizada por Mel Gibson en 1990 ou a de Kenneth Branagh de 1996.
Foi traducida ó galego por Miguel Pérez Romero (con revisión de Antonio Raúl de Toro Santos) e publicada polo Servizo Central de Publicacións da Xunta no ano 1993.
Unha nova versión de Pérez Romero foi publicada en 2023 por Edicións Laiovento.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Clásicos en Galego
Categoría:William Shakespeare Categoría:Obras literarias de 1603 Categoría:Obras de teatro en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego