Oliveros Fernández Armada, coñecido como Negrín, nado en Traspena (Covas, Baralla) cara a 1923, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Militante do PCE. Enlace da guerrilla queimado, en 1945 ingresou na Federación de Guerrillas de León-Galicia. Foi reclamado polo xuíz militar de Lugo en novembro de 1946 como encartado na causa 177/46 por roubo a man armada e relación con bandoleiros.BOP Lugo, 25-11-1946, p. 2. Dende 1947 estivo integrado na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia na zona do Bierzo, no grupo de Silverio Yebra Granja que tiña como comisario político a Francisco Martínez López. En 1948 negouse a marchar a Francia e a finais dese ano actuaba na fronteira das provincias de Lugo e León cos cenetistas Abelardo Macías Fernández e Victorino Nieto Rodríguez, o socialista Hilario Álvarez Méndez e Alpidia García Moral.
Integrado nun grupo guerrilleiro con Manuel Gutiérrez Abella, Edelmiro Alonso García, Pedro Lamas Cerezales e Adoración Campo Canedo, tivo un enfrontamento coa Garda Civil en Castiñeiras o 27 de outubro de 1948 que lle custou a vida ao garda Sabas Andrés Salazar. A Garda Civil detivo ao día seguinte varios veciños de Castiñeiras, entre eles Vicenta López Digón, enlace da guerrilla, e o seu fillo Jesús Camuñas López que acolleran aos guerrilleiros na súa casa, e foron asasinados esa noite. O 17 de marzo de 1949 logrou escapar con Victorino Nieto do masacre de Vilasinde na Veiga de Valcarce, onde foi sorprendido o seu grupo e foron asasinados Abelardo Macías, Hilario Álvarez e Alpidia García. En outubro de 1949 reclamouno o xuíz militar de Lugo xunto con outros guerrilleiros encartados na causa 318/49.El Progreso, 5-10-1949, p. 2.
Logrou pasar a Francia en 1950.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Memorial antifranquista y democrático
Covas, Recesende… 1946
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Baralla Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en 1923 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes