Megapodius é un xénero de aves da orde dos galiformes, que é o tipo da familia dos megapodíidos.

Características Son aves de tamaño mediano e corpo repoludo, con cabezas pequenas e patas grandes (ao que alude o nome do xénero). Unha das súas características máis salientábeis é que non incuban os ovos coa calor do seu corpo, como é habitual nas aves, se non que os enterran, laboir na que colaboran os machos, construíndo un enorme montículo de vexetación en descomposición para regular a calor interno meentrs que os ovos non eclosionan, polo que se coñecen en inglés como mound-builders (construtores de montículos).

Distribución Encóntranse na rexión Indo-Pacifica, desde o sueste asiático (illas Nicobar, Filipinas, Indonesia), o norte de Australia até moitas illas do oeste do océano Pacífico (Nova Guinea, Bismarck, Vanuatu, Salomón, Palau, Guam, Marianas do Norte).

Taxonomía miniatura|240px|Megapodius cumingi en Palawan, Filipinas. miniatura|240px|Megapodius forsteni. miniatura|240px|Megapodius laperouse.

Descrición O xénero foi descrito en 1823 polo naturalista francés Joseph Paul Gaimard.Megapodius Gaimard, 1823 no ITIS, no seu traballo Ferussac's Bull. General Universel Annonces Nouvelles Sci. Paris 2: 450.Wikispecies.

Taxonomía O nome Megapodius está formado polos elementos do latín científico mega- e -podius. O primeiro deriva do grego antigo μέγας mégas, 'grande'; e o segundo é unha latinización do grego antigo πούς, ποδός poús, podós, 'pata de animal'. Megapodius no Merriam-Webster Unabrigeg Dictionyary.

Especies No xénero recoñécense trece especies viventes: Megapodius bernsteinii Schlegel, 1866 Megapodius cumingii Dillwyn, 1853 Megapodius decollatus Oustalet, 1878 Megapodius eremita Hartlaub, 1868 Megapodius forstenii G. R. Gray, 1847 Megapodius freycinet Gaimard, 1823 Megapodius geelvinkianus A. B. Meyer, 1874 Megapodius laperouse Gaimard, 1823 Megapodius layardi Tristram, 1879 Megapodius nicobariensis Blyth, 1846 Megapodius pritchardii G. R. Gray, 1864 Megapodius reinwardt Dumont, 1823 Megapodius tenimberensis P. L. Sclater, 1883

Ademais coñecense dúas especies fósiles:

† Megapodius amissus † Megapodius molistructor

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1. del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (1994): Handbook of the Birds of the World. Volume 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos Aves Galiformes

Ligazóns externas Megapodius na ADW. Megapodius Gaimard 1823 na EOL. Gill, F. & Donsker, D. eds., (2019): Megapodes. Family Megapodiidae. IOC World Bird List (Versión 9.1).

Categoría:Megapodíidos