D'Angelo Danté Russell, nado o 23 de febreiro de 1996 en Louisville, Kentucky, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Russell foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Los Angeles Lakers. Fixo o seu debut na NBA cos Lakers o 28 de outubro de 2015, facendo catro puntos, tres rebotes e dúas asistencias na derrota por 112-111 contra os Minnesota Timberwolves.
O 22 de xuño de 2017, Russell foi traspasado xunto a Timofey Mozgov ós Brooklyn Nets a cambio de Brook Lopez e os dereitos da 27ª elección do Draft de 2017, Kyle Kuzma. O 1 de febreiro de 2019 foi seleccionado por primeira vez para xogar o All-Star Game da NBA de 2019, tras substituír o mancado Victor Oladipo.
O 7 de xullo de 2019, Russell foi traspasado xunto a Shabazz Napier e Treveon Graham ós Golden State Warriors a cambio de Kevin Durant.
O 6 de febreiro de 2020, Russell foi traspasado xunto a Jacob Evans III e Omari Spellman ós Minnesota Timberwolves a cambio de Andrew Wiggins e dúas eleccións do Draft.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Louisville, Kentucky Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves