Teodoro II de Constantinopla, chamado Irénico (en grego: Θεόδωρος Β' Εἰρηνικός; latín: Eirenicus), tamén coñecido como Teodoro Kopas (en grego: Κωπάς), finado o 31 de xaneiro de 1216, foi o patriarca grego ortodoxo de Constantinopla (no exilio) entre 1214 e 1216.
Traxectoria Teodoro foi un funcionario de alto rango no Imperio bizantino e o principal ministro durante a maior parte do reinado de Aleixo III Anxo. Despois da conquista de Constantinopla pola Cuarta Cruzada, fuxiu cara ao Imperio de Nicea e converteuse en monxe antes de ser ascendido ao patriarcado.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Patriarcas ortodoxos de Constantinopla Categoría:Finados en 1216 Categoría:Nados no século XII