Rebecca Solnit, nada en Bridgeport (Connecticut) o 24 de xuño de 1961, é unha escritora estadounidense. Escribiu sobre gran variedade de temas, incluíndo o medio, a política e a arte. Solnit é editora colaboradora de Harper's Magazine, onde bimensualmente escribe a columna "Easy Chair" da revista. Traxectoria

Mocidade e educación Solnit é filla de pai xudeu e nai católica irlandesa. En 1966 a súa familia trasladouse a Novato, California, onde medrou. Evitou a escola secundaria por completo, matriculándose nunha secundaria alternativa dentro do sistema de escolas públicas, onde cursou até o décimo grao e aprobou o GED. Máis adiante matriculouse nun colexio menor onde finalizou os seus estudos secundarios. Con 17 anos trasladouse a París, Francia, onde continuou os seus estudos. Finalmente regresou a California e terminou a súa educación universitaria na Universidade Estatal de San Francisco. Recibiu unha mestría en xornalismo da Universidade de California, Berkeley en 1984 e foi unha escritora independente desde 1988.

Activismo Solnit traballou en campañas en defensa do medio e dos dereitos humanos desde a década de 1980, especialmente co Western Shoshone Defense Project a principios dos 90, como se describe no seu libro Savage Dreams , e con activistas antiguerra ao longo da era Bush. Colaborou coas organizacións 350.org e o Sierra Club centradas no activismo ambiental. Tamén foi activista en favor dos dereitos das mulleres, centrada especialmente na violencia contra as mulleres.

Actividade como escritora A súa escritura apareceu en numerosas publicacións impresas e en liña, incluíndo o xornal The Guardian e Harper's Magazine, onde é a primeira muller en escribir regularmente a columna Easy Chair fundada en 1851. Tamén é colaboradora habitual do blog político TomDispatch e de LitHub.

Solnit é autora de dezasete libros e ensaios, ademais de numerosos catálogos e antoloxías de museos. O seu libro de 2009 A Paradise Built in Hell: The Extraordinary Communities that Arise in Disaster comeza como un ensaio titulado "The Uses of Disaster: Notes on Bad Weather and Good Government" publicado pola revista Harper o día que o furacán Katrina golpeou a costa do golfo de México. Foi parcialmente inspirado polo terremoto de 1989 Loma Prieta, que Solnit describiu como "a remarkable occasion...a moment when everyday life ground to a halt and people looked around and hunkered down". Nunha conversa co cineasta Astra Taylor para a revista BOMB, Solnit resumiu o tema de A Paradise Built in Hell: "What happens in disasters demonstrates everything an anarchist ever wanted to believe about the triumph of civil society and the failure of institutional authority."

Premios e recoñecemento Solnit recibiu dúas bolsas NEA, da sección dedicada a Literatura, unha bolsa Guggenheim, unha bolsa literaria Lannan e un Premio Wired Rave por escribir sobre os efectos da tecnoloxía nas artes e as humanidades. En 2010 a revista Utne Reader nomeou Solnit como unha dos "25 Visionaries Who Are Changing Your World". O seu "The Faraway Nearby" (2013) foi nomeado para o National Book Award e foi seleccionado para o National Book Critics Circle Award de 2013.

Por "River of Shadows", Solnit foi honrada co premio National Book Critics Circle no ano 2003 e o premio 2004 de Sally Hacker da Society for the History of Technology, que premia a investigación de calidade excepcional, que consiga alcanzar unha audiencia ampla máis aló da academia. Solnit tamén foi galardoada co premio de historia da universidade de Harvard Mark Lynton History Prize en 2004 por "River of Shadows". Tamén foi galardoada co Premio Corlis Benefideo Award for Imaginative Cartography 2015-16 pola North American Cartographic Information Society

Solnit, declarou que a súa obra foi influenciada por autores e autoras como Eduardo Galeano, Pablo Neruda, Ariel Dorfman, Elena Poniatowska, Gabriel García Márquez e Virginia Woolf.

Recoñecemento informal A Solnit atribúeselle o concepto mansplaining: un estilo de linguaxe condescendente baseado no xénero, que xurdiu como termo de uso habitual pouco despois da publicación no seu blog persoal de "Men Explain Things to Me", e a súa posterior publicación en forma de libro, en abril de 2008. Solnit non inventou a composición (Portmanteau) mais si contribuíu á súa utilización habitual.

Recepción no Estado Español A partir das traducións da editorial Capitán Swing de Men Explain Things To Me, traducido ao galego como Os homes explícanme cousas, e Wanderlust: A History of Walking as ideas de Rebecca Solnit, especialmente o concepto de mansplaining, aumentaron a súa presenza na prensa escrita española.

A autora foi entrevistada polos xornais El País, El Periódico de Catalunya e El Confidencial. Publicáronse recensións de "Wanderlust" nas revistas Fronterad e Notodo e nun dos suplementos do diario vasco Naiz, así como no suplemento cultural Babelia do xornal El País. Fixéronse recensións de "Men explain things to en varios xornais como El Español, El Diario, El País e revistas, como Cactus .

Rebecca Solnit tamén foi mencionada polo coñecido escritor Manuel Rivas na súa columna de opinión Navegar el desvío no suplemento cultural Babelia.

Bibliografía

Solnit, Rebecca (1991). Secret exhibition : six California artists of the Cold War era. San Francisco: City Lights. ISBN 9780872862548. Savage Dreams: A Journey Into the Landscape Wars of the American West. Berkeley: University of California Press. 2014 . ISBN 9780520957923. A Book of Migrations: Some Passages in Ireland. Londres: Verso. 2011 . ISBN 9781844677085. Wanderlust: A History of Walking. Nova York: Penguin. 2001 . ISBN 9780140286014. Hollow City: The Siege of San Francisco and the Crisis of American Urbanism. Images by Susan Schwartzenberg. Londres: Verso. 2002 . ISBN 9781859843635. As Eve Said to the Serpent: On Landscape, Gender, and Art. Athens: University of Georgia Press. 2003 . ISBN 9780820324937. River of Shadows: Eadweard Muybridge and the Technological Wild West. Nova York: Viking. 2004 . ISBN 0142004103. Hope in the Dark: Untold Histories, Wild Possibilities (Updated Edition). Haymarket Books. 2016 . ISBN 9781608465767. A Field Guide to Getting Lost. Nova York: Viking. 2005. ISBN 9781101118719. Klett, Mark; Solnit, Rebecca; Wolfe, Byron (2005). Yosemite in Time: Ice Ages, Tree Clocks, Ghost Rivers. San Antonio: Trinity University Press. ISBN 9781595340429. "The Ruins of Memory". After the Ruins, 1906 and 2006: Rephotographing the San Francisco Earthquake and Fire. By Mark Klett with Michael Lundgren. Berkeley: University of California Press. 2006. ISBN 9780520245563. Storming the Gates of Paradise: Landscapes for Politics. Berkeley: University of California Press. 2007. ISBN 9780520256569. A Paradise Built in Hell: The Extraordinary Communities that Arise in Disaster. Nova York: Penguin. 2010 . ISBN 9781101459010. Solnit, David; Solnit, Rebecca, eds. (2009). The Battle of the Story of the Battle of Seattle. AK Press. ISBN 9781904859635. A California Bestiary. Illustrations by Mona Caron. Berkeley: Heyday Books. 2010. ISBN 9781597141253. Infinite City: A San Francisco Atlas. Berkeley: University of California Press. 2010. ISBN 9780520262492. The Faraway Nearby. Nova York: Penguin. 2013. ISBN 9781101622773. Unfathomable City: A New Orleans Atlas. Berkeley: University of California Press. 2013. ISBN 9780520262492. Men Explain Things To Me. Chicago: Haymarket Books. 2014. ISBN 9781608464579. The Encyclopedia of Trouble and Spaciousness. San Antonio: Trinity University Press. 2014. ISBN 9781608464579. Ruins. Londres, Inglaterra: Whitechapel Art Gallery; Cambridge, MA: MIT Press. 2011. ISBN 9780854881932 Nonstop Metropolis: A New York City Atlas. Berkeley: University of California Press. 2016. ISBN 9780520285958.

Ligazóns

Web oficial de Rebecca Solnit Obras de ou sobre Rebecca Solnit en bibliotecas (catálogo WorldCat) Páxina web de Rebecca Solnit en Penguin Books Rebecca Solnit na revista The Nation Páxina web de Rebecca Solnit en TomDispatch.com Rebecca Solnit na London Review of Books Rebecca Solnit en Harper's Magazine Entrevista para a New York Public Library con Peter Coyote Entrevista a Rebecca Solnit por Padma Viswanathan en The Rumpus, 7 de agosto de 2009 Rebecca Solnit en The Guardian Rebecca Solnit na revista Saloon Rebecca Solnit en The Huffington Post Lista ampliada das reaccións ás publicacións de Solnit en España polo editorial Capitán Swing

Notas

Categoría:Activistas polos dereitos humanos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Nados en 1961 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Fairfield, Connecticut