miniatura|Pebida de electro con outros mineraisO electro, tamén coñecido pola súa denominación en latín: electrum (do grego ἤλεκτρον; "ámbar"), é unha aliaxe de ouro e prata que se pode obter artificialmente ou atopar de forma natural. A súa gama de cor vai do amarelo pálido ao máis brillante, en función da proporción de ambos os metais na súa composición.Rossignol. (1863). Páxinas 364-65."Elektron". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly."Electro". Kroustallis, S. K. (2008).miniatura| Broche de electro de Rodas. Ca. 625-600 a. de C.Xa na antigüidade, Plinio describíao cunha proporción dunha parte de prata por cada catro de ouro.Plinio. Naturalis Historia 33.80-1"Electrum, Electron". En Chisholm, Hugh, ed. (1911). Encyclopædia Britannica. 9 (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxina 252.
Aínda que xa nos textos antigos se testemuñan referencias ao electro como "ouro branco", cómpre non confundilo co significado que hoxe ten esa expresión, que é o da aliaxe de cor branca á base de ouro, prata, níquel, platino e paladio, moi utilizada en xoiaría.Rossignol. (1863). Páxina 335.Kroustallis, S. K. (2008). "Aleación de oro"."L'électrum ou or pâle monnayé dans l'antiquité ". En Sacra Moneta.
Etimoloxía O termo "electro" deriva de electrum, a forma latinizada da grega ἤλεκτρον –èlektron–, que xa aparece na Odisea para se referir a unha substancia metálica composta de ouro e prata. A mesma palabra usábase tamén para designar o ámbar, probabelmente debido á cor amarela pálida dalgunhas variedades."ἠλέκτρωρ". En Chantraine, P. (1999). Dictionnaire étymologique de la langue grecque. Klincksieck. París. ISBN 978-2-25203-277-0 E así as cousas, a partir das propiedades electrostáticas do ámbar derivan as palabras actuais "electrón" e todas as creadas co prefixo "electro-".
Composición miniatura|Histamenon bizantino de electro do emperador Aleixo I Comneno O electro componse fundamentalmente de ouro e prata, aínda que ás veces se atopa en estado natural con trazas doutros metais (cobre, aluminio, chumbo, níquel, etc.)"Electrum". Hudson Institute of Mineralogy. Mindat.org.. As análises da composición do electro utilizado nas moeda antigas de Focea, na Asia Menor, de arredor do ano 600 a. de C., amosan que o contido de ouro era de arredor do 55 %. Nos principios do período clásico, o contido de ouro no electro variaba desde o 46 % en Focea ata o 43% en Mitilene. Nas cuñaxes máis tardías destas mesmas áreas, arredor de 325 a. de C., o contido descendía ata o 40 % ou o 41 %. No período helenístico cuñáronse moedas cartaxinesas de electro cun contido de ouro progresivamente descendente.Wallace, R. (1987).
Posteriormente, no Imperio Romano de Oriente, a pureza das moedas bizantinas de ouro foi diminuíndo ata tal punto que pasaron a cuñarse finalmente en electro.Cartwright, M. "Byzantine Coinage". En Ancient History Encyclopedia.
Historia
miniatura|Cabeza momificada de home cuberta en electro, da dinastía tolemaica do Antigo Exipto. Século II a. de C.O electro mencionábase xa na crónica dunha expedición á lendaria terra de Punt enviada polo faraón Sahure, da quinta dinastía do Antigo Exipto, onde se indica que os expedicionarios regresaron con grandes cantidades de mirra, malaquita e electro."Voyages of Exploration and Trade. The Punt connection ". En An introduction to the history and culture of Pharaonic Egypt.Sowada, K. N. (2009). Egypt in the Eastern Mediterranean During the Old Kingdom: An Archaeological Perspective. Eisenbrauns. Páxina 198. ISBN 978-3-7278-1649-9Hawass, Z. (2003). The Treasure of the Pyramids. White Star. Páxinas 260-263. ISBN 978-88-8095-233-6Baker, D. (2008). The Encyclopedia of the Pharaohs. Volume I: Predynastic to the Twentieth Dynasty 3300-1069 BC. Stacey International. Páxinas 343-345. ISBN 978-1-905299-37-9
Tamén o cita Plinio o Vello na súa Naturalis Historia.
As Escrituras hebreas falan tamén do electro, cando o profeta Ecequiel di ter unha visión de Xehová sobre un carro celestial.Ezequiel 1:4.
O electro utilizouse tamén no terceiro milenio antes de Cristo no antigo imperio de Exipto, ás veces como revestimento exterior dos piramidións, no cumio das pirámides e dos obeliscos. Utilizábase tamén para a elaboración de obxectos ornamentais e de uso, como vasos e cuncas.Rossignol. (1863). Páxina 362.
Primeiras moedas da humanidade As primeiras moedas coñecidas de electro, moedas lidias e da Grecia oriental atopadas baixo o Templo de Artemisa en Éfeso, dátanse no derradeiro cuarto do século VII a. de C. (625-600 a. de C.).Kurke, L. (1999). Páxinas 6-7. Considérase que as primeiras moedas nesta aliaxe foron cuñadas en Lidia nesa época, durante o reinado de Aliates.Metcalf, W. E. (2012). Páxinas 49-50. miniatura|90px|Moeda grega dun hecté, coa figura dun xabaril (454-427 a. de C.) O electro era moito mellor para amoedar que o ouro, fundamentalmente porque era máis duro e máis duradeiro, mais tamén porque as técnicas de refinación do ouro non estaban aínda moi desenvolvidas nesa época.Ramage, A. (1978). O contido de ouro do electro achado en estado natural na actual Anatolia occidental oscila entre o 70 % e o 90 %, en contraste co rango de 45 % a 55 % característico das cuñaxes en electro da antiga Lidia, na mesma área xeográfica.Keyser, P.; Clark, D. (2001). Isto suxire, por unha banda, que os lidios tiñan xa moi perfeccionada a tecnoloxía de refinación da prata, de maneira que lla engadían ao electro que extraían de xeito natural, décadas antes de que fixeran as súas primeiras cuñaxes de prata pura; por outra parte, unha das razóns para a aparición da moeda nesa rexión era a señoriaxe, é dicir, o beneficio creado ao emitila cun contido de ouro máis baixo que o do metal utilizado no intercambio sen amoedar.Cahill, N.; Kroll, J. H. (2005)."Electro". Alfaro Asins et al. (2009).Price, M. (1983). Páxina 4.
As primeiras moedas de electro emitidas en Lidia tiñan o valor dun terzo de estatero (trité), o que lles supuña un peso teórico de 0,17 onzas (4,7 gramos). Posteriormente cuñáronse estateros e tamén outras fraccións, como un cuarto (tetarté), un sexto (hecté), un oitavo e un doceavo e un vinte e catroavo. En ocasións chegáronse a emitir fraccións de 1/48 e mesmo 1/96 de estatero, esta última con soamente 0,14 gramos.Goldsborough, R. (2007). "A Case for the World's First Coin: The Lydian Lion". En Numismatics. Coins and Coin Collecting."Estatero", "trité", "tetarté" e "hecté". En Alfaro Asins et al. (2009).miniatura|Terzo de estatero ou trité de electro, cuñado en Lidia no século VI a. de C.Por mor da variación na composición do electro, non resulta doado determinar o valor exacto de cada moeda, o cal supuña un obstáculo para o desenvolvemento do comercio.Wallace, R. (2001).Melville-Jones, J. (1998). Estas dificultades foron superadas cara a 570 a. de C., coa introdución no reino de Lidia das primeiras moedas de prata e de ouro puros por parte do rei Creso (polo que collen o nome de creseidas). Porén, a moeda de electro continuou a ser común ata 350 a. de C."Creseida". En Alfaro Asins et al. (2009).
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Metais e aliaxes de cuñaxe
Moeda da Antiga Grecia Moeda da Antiga Roma Moeda cartaxinesa Moeda bizantina
Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Cahill, N.; Kroll, J. H. (2005). "New archaic coin finds at Sardis". En American Journal of Archeology. 109. Páxinas 609-614. Keyser, P.; Clark, D. (2001). "Analyzing and Interpreting the Metallurgy of Early Electrum Coins". En Balmuth, M. S. Hacksilber to Coinage: New Insights into the Monetary History of the Near East and Greece. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 9780897222815 Kroustallis, S. K. (2008). Diccionario de materias y técnicas (I) . Ministerio de Cultura. Madrid. 2008. ISBN 978-84-8181-382-1 Kurke, L. (1999). Coins, Bodies, Games, and Gold: The Politics of Meaning in Archaic Greece. Princeton University Press. ISBN 0691007365 Melville-Jones, J. (1998). "The Value of Electrum in Greece and Asia". En Ashton, R. (ed.). Studies in Greek Numismatics in Memory of Martin Jessop Price. Spink, Londres. Metcalf, W. E. (2012). Asia Minor to the Ionian Revolt. The Oxford Handbook of Greek and Roman Coinage. Oxford University Press. ISBN 9780199372188 Price, M. (1983). "Thoughts on the Beginnings of Coinage". En Brooke, C. et al. Studies in Numismatic Method. Presented to Philip Grierson. Cambridge University Press. Páxina 4. ISBN 9780521225038 Ramage, A. (1978). "Gold refining in the time of the Lydian kings at Sardis". En The proceedings of the Xth International Congress of Classical Archeology. Vol. 2. Páxinas 729-735. Rossignol. (1863). Les Métaux dans l'Antiquité. [...] histoire du cuivre et de ses alliages suivie d'un appendice sur les substances appelées électre. París. Anexo. Páxinas 334-375. Wallace, R. (1987). "The Origin of Electrum Coinage". En American Journal of Archeology. Vol 91. Nº 10. Páxinas 385-397. Wallace, R. (2001). "Remarks on the Value and Standards of Early Electrum Coins". En Balmuth, M. S. Hacksilber to Coinage: New Insights into the Monetary History of the Near East and Greece. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 9780897222815
Ligazóns externas
Moedas gregas de Mileto
Categoría:Metais e aliaxes de cuñaxe Categoría:Ouro Categoría:Aliaxes Categoría:Moedas da Idade Antiga