Os kabiye, tamén coñecidos como kabye, kabre ou cabrai', son un grupo étnico africano que habita nas zonas montañosas e nas chairas do norte de Togo. Falan a lingua kabiye. Os kabye son coñecidos por ser agricutures e cultivar as terras secas e estériles de Togo. Plantan algodón, millo e ñame.

Existe unha poboación kabiye en Ghana. Os kabiye tamén habitan no noroeste de Benín, preto da fronteira con Togo. Os lugba de Benín están estreitamente relacionados cos kabiye. Os kabiye son o segundo grupo étnico máis grande de Togo, despois dos ewe, e son a clase dominante no goberno e no exército.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Grupos étnicos de Benín Categoría:Grupos étnicos de Ghana Categoría:Grupos étnicos de Togo