Xosé Luís Bernal López, coñecido polo seu alcume Farruco, nado en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1942, é un humorista e actor galego.
Traxectoria De novo traballou na ferraxaría dos seus pais en Santiago con escapadas a feiras e festas para facer actuacións. Durante o servizo militar fixéronlle un consello de guerra por indisciplina, do que librou por intervención eclesiástica. Dedicouse a facer actuacións e monólogos humorísticos en galego. Algúns deles foron gravados e vendidos en cintas de casete, o que lle deu grande sona.
Realizou aparicións humorísticas na Televisión de Galicia case dende o nacemento da canle, en programas como Arestora. Como actor participou en filmes como Eu, o tolo, Divinas palabras, Entre bateas, Sei quen es, A vida que che espera, Os fenómenos ou Quen a ferro mata. Apareceu tamén en series de televisión como a adaptación da novela de Camilo José Cela Del Miño al Bidasoa, producida en 1990 por Televisión Española, ou Terra de Miranda, produción galega na que interpretou un dos papeis principais (Alfonso) durante sete tempadas. Entre 2008 e 2010 presentou xunto a Isabel Durán o programa da TVG Vivir aquí, un espazo de reportaxes de denuncias.
Colaborou ademais en diversas emisoras de radio como a Cadena SER, COPE, Onda Cero ou a Radio Galega. En 2020 publicou Eles e mais eu. Compostelaneando, un libro no que recolle historias sobre algúns cidadáns santiagueses como as dúas Marías, Zapatones, Quiroga Palacios, Maximino Castiñeiras ou Luís Mariño.
alt=Farruco no Land Rober|miniatura|Xosé Luís Bernal sinala a portada dunha gravación dos seus chistes no programa Land Rober Tunai Show. Xunto a el están Carlos Blanco Vila (esq.) e Roberto Vilar.
Obra
Eles e mais eu. Compostelaneando (2020). Galaxia. 132 páxs. ISBN 978-84-9151-463-3. Cousas de Farruco. Farruco Louro Lestedo, Alias Xosé Luís Bernal (2024). Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-1176-227-4.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2002Mellor actor secundarioTerra de MirandaNomeado2008Mellor comunicadorVivir aquíNomeado2009Mellor comunicadorVivir aquíNomeado Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha na AVG Somos unha potenzia - Farruco, en YouTube "Con Farruco e Carlos Blanco", no Land Rober Tunai Show.
Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1942