O Antigo camiño ós Yungas, tamén coñecido como Camiño da Morte, é unha estrada ciclista de case 80 km de extensión, que une a cidade de A Paz e a rexión dos Yungas, ó nordés do departamento, antes da construción do tramo Cotapata-Santa Bárbara esta sección da vía foi parte da Ruta 3 da rede viaria fundamental de Bolivia. No presente, o seu uso está reservado ó ciclismo.

Ten moita sona polo seu perigo extremo e o número de mortes en accidentes de tránsito cada ano, (unha media de 209 accidentes e 96 persoas mortas ó ano). En 1995 o Banco Interamericano de Desenvolvemento bautizouno como o camiño máis perigoso do mundo, e as características da ruta convertérona nun destino turístico moi frecuente.

Historia Parte desta estrada foi construída con man de obra de prisioneiros paraguaios, durante a guerra do Chaco na década de 1930. Foi parte dunha das poucas rutas que conectan a selva amazónica do norte do país, coa urbe paceña.

Por mor das súas pendentes pronunciadas, cun ancho dun só carril (3 m nalgúns lugares), e a falta de gardarraís, este camiño tornábase extremadamente perigoso.

Ademais, na zona son habituais a choiva e a néboa, que diminúen notablemente a visibilidade, o chan enlamado e as pedras soltas que caen dende as montañas.miniatura|A estrada ó pé da fervenza de San Pedro.|centro Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas BBC News – The world's most dangerous road Photos and first-person video taken while driving the Yungas Road, November 2010

Categoría:Departamento de La Paz, Bolivia