dereita|miniatura|Capela de Santo André O Mesón do Vento é unha vila da parroquia de Ardemil no concello coruñés de Ordes. Segundo o IGE en 2018 tiña 298 habitantes (145 homes e 153 mulleres).
Situación A vila está situada a carón da estrada N-550 entre A Coruña e Santiago de Compostela, e nos empalmes desta coa AC-523 (cara a Cerceda) e a AC-542 (cara a Betanzos).
Cultura Toponimia Suxeriuse que o topónimo fai referencia a un lugar onde bate o vento. Con todo, existe outra hipótese, non contrastada, que o explica como deturpación do antropónimo Bento, suposto dono do antigo mesón que daría nome ao lugar. A esta etimoloxía popular remítese o nome do equipo local Mesón do Bento Club de Fútbol. Canto ao primeiro elemento do topónimo, Cabeza Quiles receou da súa relación cunha casa de comidas ou pousada e vinculouno cun orónimo que fai referencia a un lugar chan e elevado. Isto cadra co perfil topográfico deste e dalgúns outros lugares galegos chamados Mesón.
Festas Desde 1999 celébrase en febreiro na vila a festa do lacón con grelos do Mesón do Vento, arredor do lacón con grelos.
Lugares e parroquias Lugares de Ardemil
Parroquias de Ordes
Notas
Categoría:Lugares de Ordes Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía