Os Bagler (nórdico antigo : baglarr, bokmål : Bagler, Nynorsk : Bagler) eran unha facción nada en 1196 durante as guerras civís norueguesas,Gjerset (1915), p. 397 e que estaba apoiada, principalmente, pola aristocracia norueguesa, o clero e mailos comerciantes.
Traxectoria miniatura|300x300px| O neno Håkon Håkonsson está sendo transportado polos Birkebeiner a un lugar seguro a salvo dos seus inimigos: os Bagler. Episodio interpretado polo pintor Knud Bergslien (1869). Museo de esquí de Oslo. |alt=
Contexto O período de guerras civís na historia norueguesa durou de 1130 a 1217. Durante ese tempo houberon varios conflitos de diferente escala e intensidade. A causa dos conflitos foron as leis de sucesión norueguesas que eran pouco claras, as condicións sociais e a loita entre a Igrexa e os reis polo que acabaron formándose dous bandos que foron os Bagler e os Birkebeiner, arredor de pretendentes de sangue real que aspiraban á realeza.
Orixe A facción Bagler formouse en Escania, a rexión máis ao sur da actual Suecia e daquela pertencente a Dinamarca, auspiciada principalmente polo bispo Nicolas Arnesson de Oslo e o arcebispo Erik Ivarsson de Nidaros (actual Trondheim) ao redor do pretendente Inge Magnusson (chamado o primeiro rei Bagler) para depoñer o rei Sverre I de Noruega. As clases acomodadas, especialmente de Viken e de Vestlandet, foron o principal apoio dos Bagler. Os antecedentes da súa actividade están no apoio que ofreceron a Inge I de Noruega e, despois da súa morte, a Magnus V e a seu pai, o rexente Erling Skakke.
Loitaron contra os Birkebeiner, que eran esencialmente unha facción de campesiños que apoiaban ao rei Sverre I (tamén chamado Sigurdsson, por ser suposto fillo ilexítimo do rei Sigurd II) nunha guerra civil a finais do século XII. A fonte máis importante sobre a vida de Sverre é a Saga de Sverre, un documento escrito en vida do monarca, considerada como unha fonte parcial pois foi escrita baixo o seu patronado. Nela, indícase como Sverre ten liñaxe real por ser fillo bastardo putativo do falecido rei Sigurd II. En xeral, a maior parte dos historiadores están de acordo coa opinión na época na que se sostiña que era un impostor.Gjerset (1915), p. 377
Dende unha perspectiva sociohistórica, os Bagler pode ser interpretado como conservadores fronte ao resultado dos cambios como o rápido aumento dos homes fronteirizos sen terras (markamenn), que foran instalados ao longo da fronteira sueca e vivían do saqueo dos antigos asentamentos ricos. Esa poboación anárquica converteuse na base principal dos Birkebeiner. Os Bagler tamén favoreceron á Igrexa e ós seus privilexios e posesións.
A pesar dos curtos reinados dos seus monarcas a partir de Sverre, os Birkebeiner conseguiron ter un certo poder polo que, no 1209, asinouse un tratado entre os Bagler e os Birkebeiner, que recoñeceu ao pretendente bagler, Fillipus Simonsson, como gobernador de Oppland e Viken (en Østlandet, Noruega Oriental), pero sen o título de Rei e ao pretendente birkebainer, Inge Bårdsson, como o rei Inge II de Noruega. Ámbolos dous morreron en 1217, e Haakon Haakonson (birkebeiner de nacemento, e fillo ilexítimo de Hakon III Sverreson) ascendeu ao trono coa denominación de Haakon IV sen apenas oposición, baixo a regencia do duque Skule Bårdsson.
Máis tarde, en 1240, Haakon IV rematou coas guerras civís e limitou o papel da aristocracia en Noruega.
Pretendentes Bagler
Inge Magnusson (1196-1202) Erling Steinvegg (1204-1207) Filippus Simonsson (1207-1217)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Birkebeiner Guerras civís norueguesas
Categoría:Política de Noruega Categoría:Historia de Noruega