Kylian Mbappé Lottin, nado o 20 de decembro de 1998 en París, é un futbolista francés. Xoga de dianteiro para o Real Madrid CF. Ademais, é internacional coa selección francesa.

Traxectoria Mbappé debutou co primeiro equipo do AS Monaco o 2 de decembro de 2015, no partido de Ligue 1 que enfrontou ó Monaco contra o SM Caen e que rematou con 1-1. O 6 de marzo de 2016, asinou co Monaco o seu primeiro contrato coma profesional.

O 31 de agosto de 2017, anunciouse a cesión de Mbappé ó Paris Saint-Germain FC, cunha opción de compra por valor de 145 millóns de euros máis 25 millóns en variables. O 3 de xuño de 2024, anunciouse que fichaba polo Real Madrid para as seguintes 5 tempadas.

Palmarés Monaco Ligue 1: 2016–17

Paris Saint-Germain Ligue 1: 2017–18 Coupe de France: 2017–18 Coupe de la Ligue: 2017–18

France sub-19 Eurocopa sub-19: 2016

Francia Copa do Mundo da FIFA: 2018

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do Paris Saint-Germain Perfil en FIFA.com Perfil en UEFA.com

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en París Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026