As Forzas Armadas Portuguesas (en ), divídense en tres ramas:

Armada (Marinha Portuguesa) Exército (Exército Português) Forza Aérea (Força Aérea Portuguesa)

Durante o século XX, Portugal participou en dúas grandes intervencións militares: a primeira guerra mundial e as Guerras Coloniais en África (1961-1974). Cunha participación máis moderada na guerra civil española e unha intervención case pacífica na revolución dos caraveis.

Hoxe en día, participa en misións de paz da ONU, por exemplo, no Sáhara Occidental, en Kosovo e Timor Leste.

En 2003 Portugal aboliu o servizo militar obrigatorio.

As Forzas Armadas Portuguesas dependen do Ministerio da Defensa Nacional e son coordenadas polo Estado Maior Xeral das Forzas Armadas.

Categoría:Forzas armadas de Portugal