Kazanlak (en , Kazanlǎk, en tracio e grego: Σευθόπολις (Seuthopolis) é unha vila de Bulgaria que se atopa na provincia de Stara Zagora, no medio da chaira homónima e ós pés dos Balcáns, ó leste do val das Rosas. É o centro administrativo do concello de Kazanlak.

A vila é o décimo quinto centro industrial máis grande de Bulgaria, cunha poboación de 44 760 persoas en decembro de 2017.Bulgarian National Statistical Institute – towns in 2017 "WorldCityPopulation"

É o centro de extracción de aceite de rosas de Bulgaria e o centro de produción de rosas de aceite de Kazanlak é un dos seus símbolos nacionais máis recoñecibles.

Historia esquerda|miniatura|Fresco do século -IV da Tumba tracia de Kazanlak, Patrimonio da Humanidade da UNESCO. O asentamento máis antigo da área da actual cidade data do Neolítico (milenios -VI e -V). Durante os séculos -IV e -III, as terras do alto río Tundzha estaban baixo o domonio do rei tracio Seutes III e tivo un importante papel no desenvolvemento histórico de Tracia durante a era helenística. A cidade tracia de Seutópole (Σευθόπολις) foi descuberta preto de Kazanlak e amplamente estudada durante a época da construción do encoro de Koprinka. No século -IV, preto da antiga capital tracia de Seutópole e preto da cidade actual, foi construída unha magnífica tumba tracia. A tumba é unha "colmea" (tholos) de ladrillos abovedados, e contén, entre outras cousas, pinturas murais que representan unha parella tracia nunha festa funeraria ritual. A tumba foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.

Na Idade Media, o val converteuse nun centro administrativo da rexión de Krun, onde gobernou o boiardo búlgaro Aldimir (Eltimir). Despois de 1370, Kazanlak estivo baixo o dominio otomán. O nome moderno deriva do turco Kazanlık.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Bulgaria