Paulette Germaine Riva, nada en Cheniménil o 24 de febreiro de 1927 e finada en París o 27 de xaneiro de 2017, foi unha actriz francesa, coñecida como Emmanuelle Riva (|ɛmanɥɛl ʁiva|). É coñecida especialmente polas súas interpretacións nos filmes Hiroshima mon amour (1959) e Amour (2012).

Riva foi candidata ao premio da BAFTA polo seu papel en Hiroshima mon amour, e gañou a Copa Volpi do Festival de Venecia por Thérèse Desqueyroux (1962). Pola súa interpretación en Amour, de Michael Haneke, gañou o BAFTA e o César e foi candidata ao Oscar á mellor actriz.

Traxectoria Primeiros anos Riva naceu en 1927 en Cheniménil, Francia, filla de Jeanne Fernande (de solteira Nourdin), unha costureira, e René Alfred Riva, pintor de carteis italiano.

Creceu en Remiremont e Riva amosou unha paixón temperá pola interpretación, actuando en obras de teatros locais, aínda que traballou durante varios anos como costureira. Tras ver un anuncio nun xornal local, Riva apuntouse a unha escola de interpretación de París.

Aos vinte e seis anos mudouse a París para tratar de seguir unha carreira como actriz, a pesar das obxeccións da súa familia. En 1954, debutou no teatro parisiense cunha produción de Arms and the Man, de George Bernard Shaw. En 1957, Riva apareceu por primeira vez na televisión na serie Énigmes de l'histoire.

Carreira cinematográfica Riva tivo un dos papeis principais de Hiroshima mon amour (1959), filme dirixido de Alain Resnais e escrito por Marguerite Duras, en que interpretou unha actriz francesa que tiña un idilio cun arquitecto xaponés (Eiji Okada) en Hiroshima. A súa actuación valeulle varios premios e candidaturas. Máis tarde apareceu en Kapò, de Gillo Pontecorvo (1960), Léon Morin, prêtre, de Jean-Pierre Melville (1961) e Thérèse Desqueyroux, de Georges Franju (1962). Tamén apareceu en Trois couleurs: Bleu, de Krzysztof Kieślowski (1993), Vénus Beauté (Institut), de Tonie Marshall (1999) e Le Skylab, de Julie Delpy (2011). miniatura|Emmanuelle Riva no Festival de Cannes de 2012. Riva protagonizou o éxito de crítica Amour (2012), de Michael Haneke, con Jean-Louis Trintignant, en que interpretaba unha profesora de música anciá que é coidada polo seu marido tras unha serie de infartos debilitantes. Riva gañou o BAFTA e foi candidata ao Oscar á mellor actriz. Viaxou á cerimonia dos Oscar, que tiña lugar no seu 86º aniversario, pero perdeu contra Jennifer Lawrence. Con 85 anos converteuse na actriz protagonista de máis idade candidata ao Oscar, e a segunda intérprete de máis idade, tras Gloria Stuart, que foi candidata con 87 anos.

Outros traballos Riva tivo unha extensa carreira teatral en París. En 2001 actuou en Medea no Festival d'Avignon. Tamén apareceu ocasionalmente na televisión francesa. Riva volveu aos escenarios parisienses en febreiro de 2014, coprotagonizando con Anne Consigny a obra de Marguerite Duras Savannah Bay no Théâtre de l'Atelier.

Mentres filmaba Hiroshima mon amour, Riva fotografou Hiroshima; medio século despois expuxéronse estas fotografías no Nikon Salon e foron editadas en forma de libro en Francia e o Xapón."Emmanuelle Riva 'Hiroshima 1958'", Tokyo Art Beat. , Nikon. Consultados o 24 de xullo de 2010.

Riva tamén publicou poesía.Kim Willsher "Emmanuelle Riva, 85, star of Amour, tells of her extraordinary life", The Observer, 10 de febreiro de 2013.

Falecemento Riva faleceu de cancro o 27 de xaneiro de 2017 en París, catro semanas antes do seu noventa aniversario. O 4 de febreiro de 2017 tivo lugar un servizo na súa memoria na igrexa de Saint-Germain de Charonne no 20.º arrondissement de París; foi enterrada no cemiterio de Charonne.

Vida privada Riva nunca casou nin tivo fillos. Tivo unha parella, que faleceu en 1999. Riva era a propietaria dun apartamento nun cuarto andar no Barrio Latino de París, en que viviu durante máis de medio século.

Filmografía seleccionada Ano Título Director Notas1959 Hiroshima mon amour Alain Resnais Candidata—BAFTA á mellor actriz estranxeira1959 Kapò Gillo Pontecorvo1960 Le huitième jour Marcel HanounAdua e le compagne Antonio PietrangeliRecours en grâceLaslo Benedek1961 Léon Morin, prêtre Jean-Pierre Melville1962 Thérèse Desqueyroux Georges Franju Copa Volpi á mellor actrizClimatsStellio Lorenzi1963Le ore dell'amoreLuciano SalceLe gros coupJean Valère 1965Thomas l'imposteur Georges Franju 1967 Les risques du métier André Cayatte 1973 J'irai comme un cheval fou Fernando Arrabal1982 Gli occhi, la bocca Marco Bellocchio 1993 Trois couleurs: Bleu Krzysztof Kieślowski 1999 Vénus Beauté (Institut) Tonie Marshall 2001 Médée Don Kent 2009 Un Homme et Son Chien Francis Huster 2011 Le Skylab Julie Delpy 2012 Amour Michael HanekeBAFTA á mellor actriz protagonistaBoston Society of Film Critics Award á mellor actrizCésar á mellor actrizDublin Film Critics Circle Award á mellor actrizPremio do Cinema Europeo á mellor actrizInternational Cinephile Society Award á mellor actrizLondon Film Critics Circle Award á mellor actriz do anoLos Angeles Film Critics Association Award á mellor actrizPremios Lumières á mellor actriz]National Society of Film Critics Award á mellor actrizPremio New York Film Critics Online á mellor actrizPremio Cinema Ludus á mellor actriz europeaSan Francisco Film Critics Circle Award á mellor actrizCandidata—Oscar á mellor actrizCandidata—AACTA International Award á mellor actrizCandidata—Premio da Alliance of Women Film Journalists á mellor actrizCandidata—Broadcast Film Critics Association Award á mellor actrizCandidata—Chicago Film Critics Association Award á mellor actrizCandidata—Dallas-Fort Worth Film Critics Association Award á mellor actrizCandidata—Premio Dorian á mellor actrizCandidata—Houston Film Critics Society á mellor actrizCandidata—Irish Film & Television Awards á mellor actriz internacionalCandidata—Online Film Critics Society Award á mellor actrizCandidata—Premio do New York Film Critics Circle á mellor actrizCandidata—Satellite Award á mellor actriz - DramaCandidata—Toronto Film Critics Association Award á mellor actrizCandidata—Washington D.C. Area Film Critics Association Award á mellor actriz 2016 Marie et les naufragés Sébastien Betbeder 2016 Paris pieds nus Dominique Abel e Fiona Gordon 2017 La Sainte Famille Marion Sarraut

Obras

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Emmanuelle Riva en NewWaveFilm.com

Categoría:Nados no departamento de Vosgos Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Actores de teatro de Francia Categoría:Actores de televisión de Francia Categoría:Fotógrafos de Francia Categoría:Poetas de Francia Categoría:Poetas en lingua francesa Categoría:Finados por cancro