Karen Keskulla Uhlenbeck, nada en Cleveland o 24 de agosto de 1942 é unha profesora e catedrática de matemáticas na Universidade de Texas en Austin..
En 2019, Uhlenbeck converteuse na primeira muller que gañou o premio Abel, "polas súas pioneiras achegas sobre ecuacións en derivadas parciais xeométricas, a teoría de gauge e os sistemas integrables, e polo impacto fundamental do seu traballo en análise, xeometría e física matemática".
Traxectoria Uhlenbeck recibiu o seu Bachelor of Arts (1964) na Universidade de Míchigan. Comezou os seus estudos de graduación no Courant Institute of Mathematical Sciences na Universidade de Nova York, e casou co biofísico Olke C. Uhlenbeck (fillo do físico George Uhlenbeck) en 1965. Canso o seu marido marchou a Harvard, mudouse e el e volveu comezar os seus estudos na Universidade Brandeis, onde recibiu un Master of Arts (1966) e un Ph.D. (1968) baixo a supervisión de Richard Palais. A súa tese de doutoramento titulouse The Calculus of Variations and Global Analysis ("Cálculo de variacións e análise global").
Despois de traballos temporais no Massachusetts Institute of Technology e a Universidade de California, Berkeley, e tendo dificultades e atopar un posto permanente co seu marido a causa das regras antinepotismo en vigor que prohibían contratar un marido e unha esposa mesmo en departamentos diferentes dunha universidade, logrou un posto no claustro da Universidade de Illinois en Urbana–Champaign en 1971. Porén, non lle gustou Urbana e acabou divorciándose do seu marido e mudándose á Universidade de Illinois en Chicago en 1976. Pasou despois á Universidade de Chicago en 1983, é á Universidade de Texas en Austin como Sid W. Richardson Foundation Regents Chairholder en 1988, onde supervisou numerosos estudantes de doutoramento, incluíndo a Mark Haskins.
No camiño, desenvolveu técnicas para atopar solucións das ecuacións de Yang-Mills (finais dos '80).
Entre outros proxectos, cofundou o programa Muller e Matemáticas (Women and Mathematics) no Institute for Advanced Study de Princeton, o Instituto de Matemáticas Park City e as Series de Lecturas de Mulleres distinguidas en Matemáticas (Distinguished Women in Mathematics Lecture Series) na Universidade de Texas en Austin.
O seu consello para os aspirantes a matemáticos: “Procura problemas interesantes e non traballes nun campo só porque todo o mundo o está a facer.”
Premios e distincións En 1983, MacArthur Fellowship.
En 1988, Noether Lecture award.
En 2001, National Medal of Science in 2001.
En 2007, Steele Prize por unha contribución de sementeiraá investigación matemática da American Mathematical Society.
En 2019, Uhlenbeck converteuse na primeira muller en gañar o premio Abel e o comité citou o "impacto fundamental do seu traballo en análise, xeometría e física matemática".
Achegas Uhlenbeck participa ou participou en investigacións no campo das ecuacións en derivadas parciais xeométricas, o cálculo de variacións, a teoría gauge, a teoría do campo cuántico topolóxico e os sistemas integrables..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Cleveland, Ohio Categoría:Nados en 1942 Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Topoloxía Categoría:Física