A República Socialista Soviética Galiciana existiu entre o 8 de xullo de 1920 e o 21 de setembro de 1920 no contexto da revolución bolxevique no Imperio Ruso e a guerra ruso-polaca. Comprendía a área de influencia na fronte dominada polo Exército Vermello.
Foi controlada polo Comité Revolucionario Galiciano (Galrevkom) a capital situouse en Tarnopol, en Galicia, o primeiro presidente foi Vladimir Zatonsky. O Galrevkom organizou a administración, estableceu moeda, exército e sistema educativo. As linguas cooficiais foron o polaco, o ucraíno e o yiddish.
O goberno galiciano non chegou a ocupar Lviv. O 21 de setembro de 1920, Polonia conquistou o territorio da efémera república.
Véxase tamén Outros artigos República Nacional de Ucraína Occidental, estado de Europa oriental entre 1918 e 1919.
Categoría:Primeiras repúblicas soviéticas Categoría:Historia de Ucraína Categoría:Historia de Polonia