As linguas ieniseianas,Linguas ieniseianas en ieniseiano -na, no Digalego. tamén coñecidas como linguas ieniseiacas, son unha familia lingüística hipotética que pertence ao conxunto das linguas paleosiberianas.
Falantes
Son linguas faladas polos ieniseianos, pobos siberianos que habitaron outrora grandes partes da rexión do río Ienisei, no centro de Siberia.
Suxírese que as linguas ieniseianas falábanse nunha zona moito maior na antigüidade, incluíndo partes do norte da China e de Mongolia.Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Oxford/New York: Routledge. ISBN 978-0-7007-1290-8.
Pénsase que houbo tres variantes: Ieniseiano meridional (keta) Ieniseiano setentrional † Ruanruano-Xiongnu † (posíbel)
Os únicos sobreviventes actuais son algúns membros do pobo keta.
Orixe Segundo un estudo recente, o pobo ieniseiano e a súa lingua orixináronse probabelmente nalgún lugar preto das montañas Altai ou preto do lago Baikal. Segundo este estudo, os ieniseianos están ligados a grupos paleo-esquimós.
Estado actual A das linguas ieniseianas é unha familia lingüística en perigo de extinción, cunha soa rama sobrevivente, a lingua keta, que tiña tan só uns 213 falantes nativos no ano 2010. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta. A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Anderson, G. (2003): "Yeniseic languages in Siberian areal perspective", Sprachtypologie und Universalienforschung 56 (1/2): 12–39. Berlin: Akademie Verlag. Bengtson, John D. (2008): "Materials for a Comparative Grammar of the Dene–Caucasian (Sino-Caucasian) Languages". Aspects of Comparative Linguistics, vol 3, pp. 45–118. Moscova: RSUH Publishers. Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Londres: Routledge. ISBN 978-1-1368-3740-1. Van Driem, George. (2001): The Languages of the Himalayas. Leiden: Brill Publishers. ISBN 978-9-0041-0390-0.
Outros artigos Pobo ieniseiano
Categoría:Familias de linguas