O garrote vil, tamén coñecido simplemente como garrote, é un instrumento para executar a pena de morte.

Características e historia O garrote vil consiste nun pau cun asento e un colar de ferro que comprime a gorxa atravesado por un parafuso. Ao virar este, causa a rotura do pescozo.

O seu nome provén do medievo, época en que o medio de execución da plebe, dos viles (“vil”), era a garrotazos (“garrote”), a diferenza dos nobres, axustizados por decapitación con espada ou machado.

Empregado dende a Idade Media, foi un método de execución legal en Portugal e en España. Tamén se aplicou en países de colonización española, como Cuba, Filipinas ou Porto Rico. En Inglaterra usábase para axustizar a condenados por herexía antes de queimalos.

O seu uso en España remóntase a 1820, pero converteuse no medio de axustizamento oficial en 1832, cando o rei Fernando VII impuxo este método por consideralo máis rápido cá forca, o utilizado ata entón.

A pena de morte estivo vixente en España ata que a Constitución de 1978 a aboliu. O 2 de marzo de 1974, durante os derradeiros anos do franquismo, foron executados no garrote vil o delincuente común alemán Heinz Ches e mailo anarquista catalán Salvador Puig Antich; este último foi o derradeiro executado por garrote vil en España.50 años del caso de Salvador Puig Antich, el último ejecutado por garrote vil en España (02-03-2024). RTVE.es. A película Salvador (Puig Antich), de 2006, relata os últimos anos do mozo, tamén coñecido como el Metge (o médico), e a súa execución mediante o garrote vil.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Métodos de execución