O Citi Field é un parque de béisbol situado en Queens, Nova York (Estados Unidos). Inaugurado en 2009, é o lar dos New York Mets das Liga Nacional da Major League Baseball (MLB). O estadio foi erixido para substituír o adxacente Shea Stadium, o cal fóra aberto en 1964 para a Exposición Universal de 1964. Deseñado por Populous, recibe o seu nome polo patrocinio de Citigroup, unha compañía financeira de Nova York. O estadio foi financiado en gran parte pola cidade de Nova York, tendo os Mets que devolver os custos cos correspondentes xuros.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nova York New York Mets
Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/mets Citi Field Seating Chart
Categoría:New York Mets Categoría:Estadios da MLB