miniatura|240px|Exemplar adulto Corvinella corvina é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas que integran, segundo moitos autores, o xénero Corvinella.Corvinella Lesson, 1831 no ITIS. Porén, na actualidade, unha delas adoita clasificarse noutro xénero, Urolestes.Urolestes Cabanis, 1850 no ITIS. polo que, daquela, Corvinella sería un xénero monotípico.
É un picanzo de distribución africana, distinguídose doutros picanzos polo seu característico pico amarelo, ao que alude o seu nome inglés, yellow-billed shrike (picanzo de pico amarelo).
Taxonomía Descrición Xénero Véxase Corvinella.
Especie A especie foi descrita en 1809 polo botánico e zoólogo inglés George Shaw, na páxina 337 da súa obra General zoology, or Systematic natural history. Vol. 7, Birds, baixo o nome de Lanius corvina.General zoology, or Systematic natural history. Vol. 7, Birds, p. 337.
Subespecies O xénero comprende catro subespecies:Corvinella corvina. Yellow-billed shrike na ADW.
Corvinella corvina (Shaw, 1809) Corvinella corvina affinis Hartlaub, 1857 Corvinella corvina caliginosa Friedmann & Bowen, 1933 Corvinella corvina corvina (Shaw, 1809) Corvinella corvina togoensis Neumann, 1900
Porén, algúns autores conseidraron unha quinta, Corvinella corvina chapini Friedmann & Bowen, 1933, que a maioría consideran como un sinónimo de Corvinella corvina affinis Hartlaub, 1857.Corvinella corvina chapini Friedmann & Bowen, 1933 en Avibase.
Características Mide 32 cm de lonxitue, cunha cola longa e ás curtas.Os adultos teñen a plumaxe de cor parda polas partes superiores, e as partes inferiores, lustrosas, algo máis claras con estrías máis escuras; presentan unha máscara ocular marrón escuro, e un parche avermellado nas ás; o pico é amarelo, como quedou dito (incluso nos inmaturos).As patas e as dedas dos pés son negros.Os sexos son en gran parte similares, pero as femias teñen manchas marróns nos flancos, mentres que os machos teñen parches rubios; estas manchas só son visíbeis cando o paxaro está en voo, cando está en disputas territoriais ou está en pé.Os individuos inmaturos mostran franxas grosas nas plumas das ás.
Voz É un paxaro ruidoso, con fortes chamadas emitindo sons como suii-suii e driii-tuu.
Hábitat e distribución O seu hábitat son as praderías e sabanas do sur do Sahel e os bosques tropicais ao sur deste, chegando até a parte superiror da conca do Congo, abarcando unha extensa área que vai desde a beira do Atlántico polo oeste, até Kenya e Uganda polo leste, encontrándose en Benín, Burkina Faso, o Camerún, o Chad, Costa do Marfil, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Malí, o sur de Mauritania, o Níxer, Nixeria, o Senegal, Serra Leoa, Sudán, Sudán do Sur, Togo, República Centroafricana e República Democrática do Congo, ademais dois dous países anteriomente citados.
Ecoloxía Trátase dun paxaro conspicuo e gregario e ten hábitos cooperativos, véndose sempre en grupos, a miúdo posado en caos telefónicos. O niño é unha estrutura en forma de cunca, emprazado nun arbusto ou nuha árbore, no que a femia pon catro ou cinco ovos. Só unha femia dun grupo reprodúcese nun momento dado, e os outros membros subminístranlle protección e alimentos.
Este picanzo aliméntase de insectos, que localiza desde os seus pousadoiros de observación prominentes, en árbores, fíos ou postes. Tamén ás veces comen ras, pequenos réptiles e ratos, pero non se sabe se comen outras aves ou forman despensas (como fan os picanzos do xénero Lanius.
Status Corvinella corvina é común nalgunhas zonas e menos noutras. Debido a que non se encontrou ningunha evidencia dun descenso substancial nas súas poboacións, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante).BirdLife International: (2016): Corvinella corvina na Lista vermella da UICN.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Harris, Tony (2000): Shrikes and Bush-Shrikes. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-6910-7036-9. Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4. Lefranc, Norbert & Tim Worfolk (2103): Shrikes Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-8756-2.
Outros artigos Lánidos Corvinella
Ligazóns externas Corvinella corvina. Yellow-billed shrike na ADW. Corvinella corvina (Shaw 1809) na EOL.
Categoría:Lánidos Categoría:Animais descritos en 1809 Categoría:Aves de África