Andrés Montes González, nado en Madrid o 27 de novembro de 1956 e finado na mesma cidade o 16 de outubro de 2009, foi un coñecido locutor deportivo español.

Traxectoria Fillo de pai galego e nai cubana, en 1995 narrou, xunto a Santiago Segurola, as retransmisións da NBA en España para Canal +. Dende finais dese mesmo ano e ata 2006 formou con Antoni Daimiel unha das parellas de comentaristas deportivos máis célebres da televisión. Anteriormente xa traballara en radios como a COPE, Radio Cadena Española, Radio Marca e Antena 3 Radio.

En abril de 2006 anunciou a súa fichaxe por La Sexta, que lle encargaría os comentarios do mundial de Alemaña de 2006, apoiado polo exfutbolista Julio Salinas e Antoni Esteva. Ademais retransmitiu o Campionato mundial de baloncesto de 2006 no Xapón con Juan Manuel López Iturriaga e Juan Domingo de la Cruz. Tamén estaba ao cargo de retransmiti-la Liga.

Foi coñecido polo seu estilo desenfadado, utilizando un argot específico de inventiva propia.

Distincións Após o seu falecemento, o 27 de abril de 2010, o CSD (Consello Superior de Deportes) concedeulle a título póstumo a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo en recoñecemento ó seu gran labor na difusión e promoción do deporte.

No 2019 foi un dos 18 membros elixidos para a primeira promoción ó Salón da Fama do Baloncesto Español. Cuxo acto de incorporación tivo lugar o 21 de outubro de 2021 no Estadio "La Cartuja" de Sevilla.

Notas

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Finados en 2009 Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Xornalistas deportivos Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo