miniatura|240px|Abaixo, área de distribución de E. anguitimens

Eurocephalus anguitimens é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas integradas no xénero Eurocephalus.

A especie compren de dúas subespecies de picanzos que se distribúen pola África austral.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1836 polo cirurxián, médico militar, explorador etnólogo e zoólogo escocés Andrew Smith,Eurocephalus A. Smith, 1836 no ITIS. na páxina 52 da súa obra Report of the expedition for exploring central Africa from the Cape of Good Hope.

Etimoloxía Para a do xénero, ver Eurocephalus.

O epíteto específico deriva do latín Anguitinens, portador da serpente, estrela da constelación Ophiuchus, ou Serpentarius (Eurocephalus).Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.

Subespecies Na especie recoñécense dúas subespecies:Eurocephalus anguitimens A. Smith, 1836 no ITIS. Eurocephalus anguitimens anguitimens A. Smith, 1836 Eurocephalus anguitimens niveus Clancey, 1965

Hábitat e distribución Hábitat Os hábitats deste picanzo son os bosques secos tropicais e as sabanas arboradas e arbustivas.

Distribución A especie distribúese por Angola, Botswana, Mozambique, Namibia, Suráfrica e Zimbabwe.(Ver mapa á dereita).

Características Ten unha lonxitude duns 24 cm. Ambos os sexos son iguais. Na ave adulta, a coroa (parte superior da cabeza) e a fronte son de cor branca pura, e a cabeza presenta un anteface negro que se estende por encima e por debaixo do ollo até o comezo do pescozo. A caluga e as partes superiores do corpo son de cor parda concenta, e as ás e a cola, relativamente longa, son de cor parda escura. As partes inferiores son abrancazadas, e a parte superior da peituga é branca con tons algo escuros. As zonas da parte inferior do abdome son de cor parda cincenta. O bico é negro, os ollos marróns e as patas marrón escuro. Os xuvenís son similares ás aves adultas, pero a coroa é lixeiramente pencada e con bandas grises en lugar de brancas. O mento e a garganta son brancos, pero as partes restantes das partes inferiores están tinxidas de cor parda cincenta.

Costumes Eurocephalus anguitimens, ao igual que o seu próximo parente Eurocephalus ruppelli, é unha especie altamente sociábel que forma pequenos grupos, estreitamente unidos, xeralmente constituídos por de tres a seis individuos, pero ocasionalmente até vinte, fóra da época da reprodución, cuxos membros participan na construción dos niños e fan quendas para chocaren os ovos e axudan na alimentación dos pitos.Southern White-crowned Shrike Eurocephalus anguitimens en The Internet Bird Collection (IBC).

Non son, en xeral, aves agresivas, pero atacan aos depredadores, como as aves de presa. Cando se alimentan, ás veces asócianse con especies de Tockus (aves da familia dos bucerótidos), alimentándose dos insectos que encontran na súa beira mentres camiñan.

Status Eurocephalus anguitimens ten unha área de dispersión moi ampla e se describe como moi común nalgúns lugares (aínda que raro noutros). Non se recoñecen ameazas particulares, e a súa poboación parece estábel. Por estas razóns, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avaliou o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2016): Eurocephalus anguitimens na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 12 de abril de 2019.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9. Harris, Tony (2000): Shrikes and Bush-Shrikes. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-6910-7036-9. Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4. Lefranc, Norbert & Tim Worfolk (2013): Shrikes Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-8756-2.

Outros artigos Paseriformes Corvida Corvoideos Picanzos Eurocephalus

Ligazóns externas

Categoría:Lánidos Categoría:Aves de África