A seguinte lista, inevitablemente incompleta, tenta recolle-las datas nas que se celebran diferentes efemérides convocadas pola Organización das Nacións Unidas e as súas axencias e organismos, co obxectivo de promover actividades reivindicativas, de información ou concienciación social sobre o tema que se celebre en cada caso.

Xaneiro

4 - Día Mundial do braille (dende 2019) 24 - Día Internacional da Educación 27 - Día Internacional de Conmemoración Anual en Memoria das Vítimas do Holocausto.

Febreiro

11 - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 13 - Día Mundial da Radio. 21 - Día Internacional da Lingua Materna

Marzo 3 - Día Mundial da Vida Salvaxe 8 - Día das Nacións Unidas para os Dereitos da Muller e a Paz Internacional 8 - Día Internacional da Muller (Traballadora) 20 - Día Internacional da Francofonía 21 - Día Mundial da Poesía 21 - Día Internacional dos Bosques 21 - Día Internacional do Nowruz 21 - Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial (anteriormente Día Internacional de Loita contra a Discriminación Racial) 22 - Día Mundial da Auga 23 - Día Meteorolóxico Mundial 24 - Día Mundial da Tuberculose

Abril

2 - Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 6 - Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz 7 - Día Mundial da Saúde 11 - Día Mundial do Parkinson 12 -Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados 23 - Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 25 - Día Mundial do Paludismo 30 - Día Internacional do Jazz

Maio

1 - Día Internacional dos Traballadores 3 - Día Mundial da Liberdade de Prensa 5 - Día Mundial do Patrimonio Africano 9 - Día Internacional das Aves Migratorias (www.un.org) 15 - Día Internacional das Familias 16 - Día Internacional da Luz 16 - Día Internacional da Convivencia en Paz 17 - Día internacional das Telecomunicacións, Día de Internet 21 - Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento 22 - Día Internacional da Diversidade Biolóxica 25 - Día da Liberación Africana 31 - Día Mundial sen Tabaco

Xuño 4 - Día Internacional dos Nenos Vítimas Inocentes de Agresión 5 - Día Mundial do Medio Ambiente 5- Día Internacional da loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada 7 - Día Mundial da Seguridade Alimentaria 8 - Día Mundial dos Océanos 12 - Día Mundial Contra o Traballo Infantil 13 - Día Internacional de Sensibilización sobre o Albinismo 14 - Día Mundial do Doante de Sangue 15 - Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez. 16- Día Internacional das Remesas Familiares 17 - Día Mundial de Loita contra a Desertización e a Seca 18- Día da Gastronomía Sostíbel 19- Día Internacional para a Eliminación da Violencia Sexual nos Conflitos 20 -Día Mundial das Persoas Refuxiadas 21- Día Internacional do Ioga 26 - Día Internacional de Loita contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas 26 - Día Internacional de Apoio ás Vítimas da Tortura 30 - Día Internacional dos Asteroides

Xullo 7 - Día Internacional das Cooperativas 11 - Día Mundial da Poboación 18 - Día Internacional Nelson Mandela 26 - Día Internacional da Conservación do Ecosistema de Mangleiros

Agosto 9 - Día Internacional dos Pobos Indíxenas 12 - Día Internacional da Xuventude 23 - Día Internacional para a Lembranza do Comercio de Escravos e a súa Abolición

Setembro 8 - Día Internacional da Alfabetización 10 - Día Mundial para a Prevención do Suicidio 15 - Día Internacional da Democracia 16 - Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono 20 - Día Internacional do Deporte Universitario 21 - Día Internacional da Paz 28 - Día Internacional do Acceso á Información 29 - Día Marítimo Mundial

Outubro Primeiro luns de outubro: Día Mundial do Hábitat

1 - Día Internacional das Persoas de Idade 5 - Día Mundial dos Docentes (Día Mundial do Profesorado) 9 - Día Mundial do Correo 10 - Día Mundial da Saúde Mental 11 - Día Internacional da Nena 13 - Día Internacional para a Redución dos Desastres 16 - Día Mundial da Alimentación 17 - Día Internacional para a Erradicación da Pobreza 24 - Día Mundial de Información sobre o Desenvolvemento 24 - Día das Nacións Unidas 27 - Día Mundial do Patrimonio Audiovisual 31 - Día Mundial das Cidades

Novembro 2- Día Internacional para poñer Fin á Impunidade dos Crimes contra Xornalistas 5 - Día Mundial de Concienciación sobre os Tsunamis 5 - Día Internacional da Lingua Romaní 6 - Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados 10 - Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento 16 - Día Internacional para a Tolerancia 20 - Día Universal do Neno 20 - Día da Industrialización de África 21 - Día Mundial da Televisión Terceiro xoves de novembro: Día Mundial da Filosofía 25 - Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller 29 - Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino

Decembro 1 - Día Mundial da Loita contra a SIDA 2 - Día Internacional para a Abolición da Escravitude 3 - Día Internacional das Persoas con Discapacidade 5 - Día Internacional dos Voluntarios 7 - Día da Aviación Civil Internacional 10 - Día dos Dereitos Humanos Segundo domingo de decembro - Día Internacional da Radio e a Televisión a Favor da Infancia 18 - Día Internacional do Migrante 18 - Día Internacional da Lingua Árabe

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de días oficiais

Categoría:ONU Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas Categoría:Listas