miniatura|Micrografía electrónica de transmisión dunha célula infectada por ranavirus, que se acumulan no citoplasma e en corpos de ensamblaxe preto do retorto núcleo.

Ranavirus é un xénero de virus da familia Iridoviridae. Hai ademais outros catro xéneros de virus nesa familia, pero Ranavirus é o único que inclúe virus que son infecciosos para anfibios e réptiles. Adicionalmente, é un dos tres xéneros desta familia que infecta peixes teleósteos, xunto con Lymphocystivirus e Megalocytivirus. A familia Iridoviridae é unha das cinco familias de virus de ADN grande nucleocitoplasmáticos.

Os Ranavirus foron illados por primeira vez na década de 1960 da ra Lithobates pipiens.

Impacto ecolóxico Os Ranavirus, como o Megalocytivirus, son un grupo emerxente de virus de ADN bicatenario estreitamente relacionados que causan infeccións sistémicas nunha ampla variedade de peixes de auga salgada e doce silvestres e criados en piscifactoría. Igual que os Megalocytivirus, os gromos de Ranavirus teñen unha considerable importancia económica en acuicultura, como epizoóticos poden orixinar unha perda moderada de peixes ou episodios de mortalidade en masa en peixes de acicultura. Porén, a diferenza dos Megalocytivirus, as infeccións por Ranavirus en anfibios foron consideradas un factor que contribúe ao declive das poboacións de anfibios global. O impacto dos Ranavirus sobre as poboacións de anfibios foi comparada coa do fungo quitridio Batrachochytrium dendrobatidis, o axente causante da quitridiomicose.

Evolución

miniatura|thumbtime=1:05|Informe VOA sobre Ranavirus. Os Ranavirus parece que evolucionaron a partir de virus de peixes que despois pasaron a infectar anfibios e réptiles.

Hóspedes reptilianos Ademais de peixes e anfibios, varias especies de réptiles son afectados por Ranavirus, como:

Pitóns Chondropython viridis Tartarugas Geochelone platynota Tartaruga Geochelone pardalis Tartarugas Gopherus polyphemus Lagarto Lacerta monticola Tartarugas Terrapene carolina carolina Tartarugas Terrapene carolina bauri Tartarugas Terrapene ornata Tartarugas Testudo graecaBlahak S., Uhlenbrok C. "Ranavirus infections in European terrestrial tortoises in Germany". Proceedings of the 1st International Conference on Reptile and Amphibian Medicine; Munich, Germany. 4–7 March 2010; pp. 17–23 Tartarugas Testudo hermanni Tartarugas Testudo kleinmanni Tartarugas Testudo horsfieldii Tartarugas Testudo marginata Tartaruga Trachemys scripta elegans Tartarugas Trionyx sinensis Xecónido Uroplatus fimbriatus

Taxonomía Grupo: ADN bicatenario (dsDNA)

A familia Iridoviridae está dividida en cinco xéneros, que son Chloriridovirus, Iridovirus, Lymphocystivirus, Megalocytivirus, e Ranavirus. O xénero Ranavirus está composto por 6 especies virais recoñecidas, 3 das cales infectan anfibios, que son: virus de Ambystoma tigrinum (Ambystoma tigrinum virus, ATV), iridovirus Bohle (Bohle iridovirus BIV) e o virus da ra 3 (frog virus 3).

Estrutura Os Ranavirus son grandes virus de ADN icosaédricos que miden aproximadamente 150 nm de diámetro cun gran xenoma dunha soa molécula de ADN bicatenario linear duns 105 kbp,Williams T, Barbosa-Solomieu V, Chinchar GD (2005). "A decade of advances in iridovirus research" 173-148. In Maramorosch K, Shatkin A (eds). Advances in virus research, Vol. 65 Academic Press, New York, USA. que codifica uns 100 produtos xénicos. O principal compoñente estrutural da cápside proteica é a proteína maior da cápside (MCP). Xénero Estrutura Simetría Cápsida Disposición xenómica Segmentación xenómicaRanavirusPoliédricoT=133 ou 147LinearMonopartito

Replicación A replicación ranaviral foi ben estudada usando a especie tipo do xénero, o virus da ra 3 (Frog virus 3, FV3). A replicación do FV3 ocorre entre 12 e 32 graos Celsius. Os Ranavirus entran na célula hóspede por endocitose mediada por receptor. As partículas virais perden a cuberta e seguidamente desprázanse ao núcleo celular, onde empeza a replicación do ADN viral por medio dunha ADN polimerase codificada polo virus. O ADN viral abandona despois o núcleo da célula e empeza a segunda fase da replicación do ADN no citoplasma, formando finalmente concatémeros de ADN. O ADN viral é despois empaquetado en virións infecciosos.Chinchar VG, Essbauer S, He JG, Hyatt A, Miyazaki T, Seligy V, Williams T (2005). "Family Iridoviridae" pp. 145–162 in Fauquet CM, Mayo MA, Maniloff J, Desselburger U, Ball LA (eds). Virus Taxonomy, Eighth report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. Academic Press, San Diego, USA. O xenoma do Ranavirus, igual que outros xenomas iridovirais está permutado circularmente e presenta un ADN redundante terminalmente. Xénero Hóspede Tropismo de tecidos Entrada Liberación Sitio de replicación Sitio de ensamblaxe TransmisiónRanavirusRas; serpesNingúnEndocitose mediada por receptor celularLise; evaxinaciónNúcleoCitoplasmaContacto

Transmisión A transmisión dos Ranavirus crese que ocorre por moitas rutas, incluíndo o solo contaminado, o contacto directo, a exposición á auga e a inxestión de tecidos infectados durante a predación, necrofaxia ou canibalismo. Os Ranavirus son relativamente estables en ambientes acuáticos, e poden persistir varias semanas ou máis fóra dun organismo hóspede.

Epizooloxía Informouse de episodios de mortalidade en masa de anfibios debido a Ranavirus en Asia, Europa, Norteamérica e Suramérica. Os Ranavirus foron illados de poboacións silvestres de anfibios en Australia, mais non foron asociados coa mortalidade en masa nese continente.

Patoxénese A síntese de proteínas virais empeza en cuestión de poucas horas despois da entrada viral na célula e a necrose ou apoptose ocorre só unhas poucas horas despois da infección.

Patoloxías principais As principais lesións asociadas coas infeccións de Ranavirus son eritemas, inchazo xeneralizado, hemorraxias, inchazo das extremidades e fígados inchados e fráxiles.

Fontes de información Pode atoparse máis información sobre Ranavirus e outros patóxenos que impactan as poboacións de anfibios, como sobre quitridios Batrachochytrium dendrobatidis e Batrachochytrium salamandrivorans na páxina web do Southeast Partners in Amphibian and Reptile Conservation disease task team.

Notas

Véxase tamén Declive nas poboacións de anfibios

Ligazóns externas

ICTV Online (10th) Report: Iridoviridae Viralzone: Ranavirus Ranavirus Research Project Viral Diseases of Amphibians

Categoría:Iridoviridae