O Couto é un barrio da cidade de Ourense. Dende o 2014, o Couto pertence a dous dos nove distritos Faro de Vigo 2014 nos que se estableceu que queda distribuída Ourense: o Centro histórico, o Centro, San Francisco-Barrocás-Santa Mariña, San Francisco-A Rabaza-Ceboliño, O Couto-Centro, O Couto-Rural, Mariñamansa, A Ponte-Centro e A Ponte-Rural. En canto a súa localización, o Couto sitúase preto doutras áreas como A Carballeira, A Valenzá, o Centro e Vista Fermosa.

Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 41 ISBN 84-85170-20-2

Historia O barrio do Couto no ano 1991 contaba con 7 374 habitantes, converténdose así nun dos barrios máis poboados de Ourense, e onde o 34% do total da poboación atopábase activa no ámbito laboral. Segundo os datos de 1996, os habitantes de maior idade (+60 anos) configuraban case o 22% da poboación, mentres que os menores de 20 anos atopábanse arredor do 25% Somoza 1997, p. 126. No ano 2014, caracterizouse por ser unha das zonas ourensás que máis inmigrantes acolleu, procedentes de América do Sur, Europa, África e Asia La Región 2014. No ano 2015, destacou por contar coa idade media máis baixa de Ourense, 45,2 anos; mentres que no centro a cifra ascendía aos 47,6 anos La Región 2015.

Patrimonio histórico No Couto sitúase a coñecida Igrexa de Fátima, en honor á Virxe de Fátima e venerada tamén en Portugal. A igrexa comezouse a construír no 1948, con achegas materiais e económicas por parte dos veciños La Región 2012, mais as obras non concluíron ata 1962. Aínda así, antes da finalización das mesmas xa se levaban a cabo actos relixiosos. As vidreiras foron deseñadas por Jesús Soria e a virxe por Ferreira Thein . A consagración do templo data do 29 de abril de 1962, pero foi o 13 de maio cando se deu por inaugurado na súa totalidade . Na actualidade, o 13 de maio a virxe da igrexa recorre nunha importante procesión gran parte da cidade de Ourense ata chegar á catedral da cidade, situada no corazón da zona antiga.

Asemade, o Estadio do Couto é outra das construcións máis importantes do barrio. Foi inaugurado o 6 de novembro de 1949, data na que se disputou o partido Unión Deportiva Ourense e o Racing de Ferrol La Voz de Galicia 2018. Dito estadio conta cunha capacidade de 5 659 espectadores, cun campo de herba natural e cunha dimensión de 105x68m. Nun primeiro momento, este era o estadio do equipo ourensán coñecido como Club Deportivo Ourense; no entanto, quedou afundido nun mar de débedas que provocou a liquidación do equipo. Finalmente, membros da Plataforma e os seareiros tomaron a decisión de fundar un novo equipo de fútbol no 2014, a actual Unión Deportiva Ourense e popularmente coñecida como UDO Páxina Web Unión Deportiva Ourense. Neste momento, o estadio é empregado por este último equipo xunto co Ourense Club de Fútbol (o novo nome que adquiriu o equipo Ponte Ourense Club de Fútbol no 2014).

Actualmente, o barrio do Couto conta con dous centros educativos: a escola concertada Colexio Plurilingüe Santo Ángel, e o CEIP-IES O Couto.

Fundición Malingre Manuel Malingre Parmantier foi un belga creador da empresa Fundición Malingre, unha das máis sobresaíntes no século XIX e XX no barrio do Couto, así como na cidade de Ourense en xeral. A fundición tivo a súa primeira localización en Reza, e en 1866 trasladase á rúa Santo Domingo (no centro da cidade). Trinta anos despois, a empresa foi cedida aos seus fillos, os que decidiron trasladala ao Couto Fundiciones Malingre 2013. Dita empresa proporcionou moitos postos de traballo e, ao mesmo tempo, propiciou a chegada dunha gran cantidade de persoas procedentes doutras aldeas da provincia. Isto ocasionou que o Couto cobrara moita vida, de tal xeito que a Fundición Malingre era a fonte de ingresos de moitas familias do barrio. En 1979 as instalacións derrubáronse e, actualmente, no seu lugar atópase un parque ao que a fundición deu nome.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Ourense Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Barrios de Galicia