Carl Jakob Sundevall, nado na parroquia de Högestad (Ystad, Escania), o 22 de outubro de 1801 e finado en Estocolmo o 2 de febreiro de 1875, foi un médico sueco dedicado á zooloxía.
Traxectoria Estudou na Universidade de Lund, onde obtivo un mestrado en Filosofía (M.Phil.) en 1823. Tras viaxar ao leste de Asia, estudou Medicina acadando o grao de doutor en 1830.
Foi empregado do Museo Sueco de Historia Natural, en Estocolmo, desde 1833, e profesor e conservador da sección de vertebrados desde 1839 a 1871. Escribiu o libro Svenska Foglarna (1856-1887), no que describiu 238 especies de aves observadas en Suecia. Clasificou numerosos paxaros encontrados en África por Johan August Wahlberg.
En 1835 desenvolveu unha filoxenia para as aves baseada nos músculos da cintura pelviana e as patas, que contribuíu ao traballo posterior de Thomas Huxley. Despois seguiu examinando os profundos tendóns proximais das patas das aves. Esta información segue sendo utilizada polos taxonomistas dedicados á ornitoloxía.
Sudevall foi tamén un destacado entomólogo e aracnólogo.
En 1862 escribiu unha monografía onde propoñía un alfabeto fonético universal, Om phonetiska bokstäver.
Outras obras Lärobok i zoologien, 1835. Handatlas till lärobok i zoologien, 1843. Methodisk öfversigt af idislande djuren, Linnés Pecora, 1844–1845. Conspectus avium picinarum, 1866. Methodi naturalis avium disponendarum tentamen, 1872.
Abreviatura A abreviatura Sundevall emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
Bibliografía Anónimo (1875): [Sundevall, C. J.] en Journ. Ornith 23: 214-215. Anónimo (1875): [Sundevall, C. J.] en J. Zool. 4: 61 Areschoug, J. E. (1879): Minnesteckning öfver C. J. Sundevall. Estocolmo. Bonnet, P. (1945): Bibliographia Araneorum. Toulouse.
Ligazóns externas Obituario en Ibis. Biografía en runeberg.org
Categoría:Científicos de Suecia Categoría:Zoólogos de Suecia Categoría:Nados en 1801 Categoría:Nados no condado de Escania Categoría:Finados en 1875 Categoría:Alumnos da Universidade de Lund Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Escritores en lingua latina