Ploceus é un xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, o xénero tipo da familia dos ploceidos.

O xénero comprende sesenta e catro especies propias da África subsahariana e da rexión Indomalaia.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1816 polo naturalista francés Georges Cuvier.Cuvier, Georges (1816): Le Règne animal distribué d'après son organisation: pour servir de base a l'histoire naturelle des animaux et d'introduction a l'anatomie comparée. Volume 1. Paris: Déterville, páxina 383.

Etimoloxía O nome científico do xénero tomouno Cuvier do grego antigo πλόκευς plókeus, 'trenzador', 'entrelazador', 'tecedor', derivado do verbo πλέκω plékō, 'trenzar', 'entrelazar',Ploceus no Merriam Webster Unabriged Dictionary. en alusión aos hábitos destes paxaros de construíren os seus niños tecendo febras vexetais.

Nomes vulgares As especies deste xénero deben o seu nome vulgar en castelán, tejedores (tecedores), e en inglés, de weavers (tecedores), debido aos seus niños entretecidos (os máis elaborados que os de ningunha outra ave).

Especies Na actualidade recoñécense neste xénero as 64 especies seguintes:Ploceus Cuvier, 1816 no ITIS.Ploceus en Zoonomen.Ploceus naIOC World Bird List, Versión 9.1 (2919), do Congreso Ornitolóxico Internacional.

Ploceus albinucha (Bocage, 1876) Ploceus alienus (Sharpe, 1902) Ploceus angolensis (Bocage, 1878) Ploceus aurantius (Vieillot, 1805) Ploceus aureonucha Sassi, 1920 Ploceus badius (Cassin, 1850) Ploceus baglafecht (Daudin, 1802) Ploceus bannermani Chapin, 1932 Ploceus batesi (Sharpe, 1908) Ploceus benghalensis (Linnaeus, 1758) Ploceus bertrandi (Shelley, 1893) Ploceus bicolor Vieillot, 1819 Ploceus bojeri (Cabanis, 1869) Ploceus burnieri N. E. Baker & E. M. Baker, 1990 Ploceus capensis (Linnaeus, 1766) Ploceus castaneiceps (Sharpe, 1890) Ploceus castanops Shelley, 1888 Ploceus cucullatus (Statius Muller, 1776) Ploceus dichrocephalus (Salvadori, 1896) Ploceus dorsomaculatus (Reichenow, 1893) Ploceus flavipes (Chapin, 1916) Ploceus galbula Rüppell, 1840 Ploceus golandi (S. Clarke, 1913) Ploceus grandis (G. R. Gray, 1844) Ploceus heuglini Reichenow, 1886 Ploceus hypoxanthus (Sparrman, 1788) Ploceus insignis (Sharpe, 1891) Ploceus intermedius Rüppell, 1845 Ploceus jacksoni Shelley, 1888 Ploceus katangae (Verheyen, 1947) Ploceus luteolus (Lichtenstein, 1823) Ploceus manyar (Horsfield, 1821) Ploceus megarhynchus Hume, 1869 Ploceus melanocephalus (Linnaeus, 1758) Ploceus melanogaster Shelley, 1887 Ploceus nelicourvi (Scopoli, 1786) Ploceus nicolli W. L. Sclater, 1931 Ploceus nigerrimus Vieillot, 1819 Ploceus nigricollis (Vieillot, 1805) Ploceus nigrimentus Reichenow, 1904 Ploceus ocularis A. Smith, 1828 Ploceus olivaceiceps (Reichenow, 1899) Ploceus pelzelni (Shelley, 1887) Ploceus philippinus (Linnaeus, 1766) Ploceus preussi (Reichenow, 1892) Ploceus princeps (Bonaparte, 1850) Ploceus reichardi Reichenow, 1886 Ploceus rubiginosus Rüppell, 1840 Ploceus ruweti Louette & Benson, 1982 Ploceus sakalava Hartlaub, 1861 Ploceus sanctithomae (Hartlaub, 1848) Ploceus spekei (Heuglin, 1861) Ploceus spekeoides Grant & Mackworth-Praed, 1947 Ploceus subaureus A. Smith, 1839 Ploceus subpersonatus (Cabanis, 1876) Ploceus superciliosus (Shelley, 1873) Ploceus taeniopterus (Reichenbach, 1863) Ploceus temporalis (Bocage, 1880) Ploceus tricolor (Hartlaub, 1854) Ploceus velatus Vieillot, 1819 Ploceus vitellinus (Lichtenstein, 1823) Ploceus weynsi (Dubois, 1900) Ploceus xanthops (Hartlaub, 1862) Ploceus xanthopterus (Hartlaub & Finsch, 1870)

Características Os machos de moitas das especies desta familia teñen a plumaxe de cores brillantes, usualmente vermella ou amarela e negra. Porén, algunhas especies mostran variación no cor só na época de reprodución.

Estes paxaros comen sementes que apañan cos seus robustos picos cónicos. Os niños varían en tamaño, forma, material usado e nas técnicas de construción dunha especie a outra. Os materiais usados para a súa construción inclúen fibras finas de follas, herba e ramiñas. A maioría das especies tecen niños que teñen entradas estreitas, que se dirixen cara a abaixo.

Os tecedores son paxaros gregarios que a miúdo crían en colonias. Constrúen os seus niños xuntos, moitas veces varios nunha rama. Usualmente son os machos os que tecen o niño, e o utilizan como unha forma de exhibición para seduciren ás femias. As colonias poden encontrarse cerca de corpos de auga.

Distribución e hábitat Como quedou dito, son paxaros do Vello Mundo, a maioría habitantes da África subsahariana, aínda que algunhas viven en zonas da Asia tropical.

As súas colonias pódense atopar frecuentemente preto de corpos de auga.

Carácter invasor en España Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os seus hábitat e os seus ecosistemas, todas as especies e subespecies do xénero PloceusPloceus en "Estas son las 202 especies exóticas invasoras prohibidas en España en teinteresa.es Ciencia. 29-11-2014, Consultada o 19 de abril de 2019. foron incluídas no "Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras", aprobado polo Real Decreto 603/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2. del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9. Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4. VV. AA. (1986): Enciclopedia Natura de los Animales. Voluma 4. Aves, Barelona: Editorial Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, pp. 424 – 427. Williams, John G. & Arlott, Norman (1985): A Field Guide to the Birds of East Afica''. Londres, Reino Unido: Collins. ISBN 0-0021-9172-2, pp. 361-385.

Outros artigos Paseriformes Ploceidos

Ligazóns externas Ploceus na ADW. Ploceus Cuvier 1816 na EOL.

Categoría:Ploceidos Categoría:Aves de África Categoría:Aves de Asia