Abel Carvajales Gutiérrez,Nalgunhas fontes o seu primeiro apelido aparece transcrito como Carbajales nado na provincia de Ourense o 28 de maio de 1904, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre en Ansemil, foi presidente da Asociación de Maestros Nacionales de Celanova. Foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. Militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro de Celanova dende marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 21-3-1936, p. 13.Marzo do 36: o goberno da Fronte Popular en Celanova Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de depuración, aínda que non foi separado do servizo, grazas ás xestións da súa dona, pertencente a unha familia relixiosa e conservadora, foi sancionado con suspensión de emprego e soldo por dous anos, traslado forzoso dentro da provincia e inhabilitación para cargos directivos.La Región, 8-5-1940, p. 4. Foi destinado a Vilapún (Cervantes) en novembro de 1940.La Región, 10-11-1940, p. 1. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 19-6-1941, p. 2529. En 1943 foi destinado á escola da Siota (Xunqueira de Ambía,El Pueblo Gallego, 26-2-1943, p. 5. e en 1946 pasou á escola unitaria de Loñoá do Camiño (Covas, O Pereiro de Aguiar).El Correo Gallego, 19-5-1946, p. 6. Foi nomeado mestre por consorte para a escola de Melias (O Pereiro de Aguiar) en setembro de 1958.El Pueblo Gallego, 10-9-1958, p. 3. En 1967 recibiu o Premio Luis María Sobredo da Delegación Provincial de Juventudes como mestre de Melias.Premios para maestros.
Vida persoal
Casou con Dolores Santa Eufemia Fernández, filla de Francisco Santa Eufemia, mestra de profesión, en abril de 1934.El Pueblo Gallego, 4-4-1934, p. 10. Tivo dous fillos Abel e Dolores, maxistrado e mestra respectivamente, e catro netos, Eligio, Javier, Begoña e Diego.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Concelleiros de Celanova Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados na provincia de Ourense
Categoría:Finados en ano descoñecido