miniatura|Festival Internacional de Xardíns miniatura| miniatura| O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA), inaugurado no 2010, é un festival que se celebra anualmente na vila de Allariz onde, en cada edición, se expoñen ideas e deseños de xardinería ao redor dunha temática central.
Estes proxectos escóllense por un xurado experto entre unha multitude de propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial. Na edición de 2019 reuníronse un total de 37 propostas de lugares como Ourense, Madrid, Barcelona, Arxentina, Chile, Italia, Estados Unidos ou Edimburgo, entre outros.
O Festival Internacional de Xardíns é pioneiro na Península Ibérica, xunto co portugués de Ponte de Lima. Conta con case 38 000 m² divididos en 12 parcelas para a mostra dos deseños temporais, os 10 finalistas, o gañador do ano anterior e unha parcela para o proxecto dos escolares.
Edicións e temas dos xardíns I Edición – 2010 II Edición – 2011 «A moda no xardín» III Edición – 2012 «Galicia, o País da auga» IV Edición – 2013 «Allariz, a beleza que inspira» V Edición – 2014 «Os xardíns da abundancia» VI Edición – 2015 «Música no xardín» VII Edición – 2016 «Os xardíns do futuro» VIII Edición – 2017 «Os xardíns da memoria» IX Edición – 2018 «O erotismo no xardín»Nesta edición preto de 40 000 persoas visitaron os xardíns efémeros. Foi, segundo sinala o tenente de alcalde, Bernardo Varela, “unha edición de récord en canto a visitas”. Ademais, o Festival I de Xardíns de Allariz, a través de varios integrantes da Asociación Española de Paisaxistas, outorga, como novidade este ano, o primeiro premio profesional ao xardín «En busca do prohibido». X Edición – 2019 «Xardíns de cine» XI Edición – 2020 «Xardíns dos Poetas»
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Festival Internacional de Xardíns de Allariz Facebook do Festival Libro da Edición Inaugural 2010 Libro da Edición 2014
Categoría:Allariz Categoría:Festivais en Galicia