miniatura|340x340px|Maffeo Barberini, Papa Urbano VIII. Quod non fecerunt barbari, fecerunt Barberini é unha expresión latina que, traducida literalmente, significa: Aquilo que non fixeron os bárbaros, fixérono os Barberini.
Esta frase fai referencia a unha denuncia pública moi famosa feita polo pobo de Roma (aínda que se atribúe ao mantuano Carlo Castelli) e que foi fixada sobre a estatua do Pasquino, a máis famosa das estatuas parlantes de Roma, contra o papa Urbano VIII (Maffeo Barberini) e a súa familia e na que se criticaban os seus excesos e a súa política de destrución da antiga Roma Imperial en pos da construción da nova e maxestosa Roma Barroca de Bernini, sendo un dos episodios máis tristemente lembrados aquel no que o Papa fixo retirar os casetóns de bronce da cúpula do Panteón para ser utilizada na construción do Baldaquino de San Pedro e nos canóns do Castelo de San'Angelo.
Varios autores atribúen o famoso pasquín acusatorio ao mantuano monseñor Carlo Castelli, embaixador do duque de Mantua. Segundo o crítico de arte, Sandro Barbagallo, no diario do propio Urbano VIII revelábase o seguinte:
Porén, o autor tomara en consideración unha nota que circulou na corte papal, na que o médico persoal de Urbano VIII, Giulio Cesare Mancini expresou, bromeando, nos Avvisi di Roma, o 20 de setembro de 1625: "os bárbaros non fixeron o Barberini".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Baldaquino de San Pedrro do Vaticano Urbano VIII
Categoría:Locucións latinas