Firmin Ngrébada, nado en Bangui o 24 de maio de 1968, é un político centroafricano.
Traxectoria Firmin Ngrébada aprobou o bacharelato en 1988, logo obtivo unha mestría en dereito público en 1994, na Universidade de Bangui. Ingresou na administración pública en outubro de 1993, á inspección do traballo e a lexislación social.
Vinculado ó círculo íntimo do presidente do país, Faustin-Archange Touadéra, foi o xefe do seu persoal electoral durante as eleccións presidenciais de 2016. Tamén presidiu a delegación durante as conversacións coas forzas armadas rebeldes que levaron á sinatura do acordo de paz o 2 de febreiro de 2015. Trala renuncia do goberno de Simplice Sarandji, Ngrébada foi nomeado primeiro ministro coa misión de formar un goberno de unidade nacional.
Notas
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Bangui Categoría:Políticos da República Centroafricana