A ou Liga Central, tamén coñecida como , é unha das dúas ligas profesionais que constitúen a Nippon Professional Baseball, a máis importante competición de béisbol do Xapón. O gañador desta liga xoga anualmente contra campión da Pacific League nas Nippon Series para decidir o campión nacional. Actualmente está formada por seis equipos de todo o país, sendo o máis laureado os Yomiuri Giants. Ao contrario que na Pacific League, e do mesmo xeito que antigamente na Liga Nacional da MLB, esta liga non permite o uso de bateador designado.
Historia A Liga Central foi fundada en 1949 con oito equipos: catro da antiga Liga de Béisbol do Xapón (Chunichi Dragons, Hanshin Tigers, Yomiuri Giants e Shochiku Robins) e catro novos (Hiroshima Carp, Kokutetsu Swallows, Nishinippon Pirates e Taiyō Whales). Con todo, os Nishinippon Pirates tan só duraron unha temporada, fusionándose o equipo fusionouse cos Nishitetsu Clippers, tamén de Fukuoka, para formar os Nishitetsu Lions na Liga do Pacífico. Isto levou a que a liga ficase reducida a tan só sete franquías.
En 1952, coa chegada á presidencia de Ryuji Suzuki, decidiuse que todo equipo que finalizase a temporada cunha porcentaxe de vitorias inferior ao 30% tería que disolverse ou fusionarse con outros equipos. Finalmente tan só un equipo se vería afectado, os Shochiku Robins, os cales decidiron fusionarse cos Taiyō Whales para formar os Taiyō Shochiku Robins en xaneiro de 1953. Isto levou a que a liga ficase reducida a tan só seis franquías, número que se mantén até a actualidade. A seguinte gran novidade chegou no ano 2007, momento no que se crearon as Climax Series. Estas eliminatorias, inspiradas nas que xa había na Liga do Pacífico, enfrontan aos tres primeiros clasificados da liga para determinar o equipo que disputará as Series do Xapón. Co sistema anterior non había ningún tipo de eliminatoria, clasificándose directamente á final o campión da liga.
Equipos Equipo Nome xaponés Localización Estadio Patrocinador 40px|center Chunichi Dragons 中日ドラゴンズChūnichi Doragonzu Nagoiaborder|20px|Aichi Aichi Nagoya Dome40.500 espectadores Chunichi Shinbun 40px|center Hanshin Tigers 阪神タイガース Hanshin Taigāsu Nishinomiyaborder|20px|Hyōgo Hyōgo Estadio Hanshin Koshien47.508 espectadores Hanshin Denki Tetsudō 40px|center Hiroshima Toyo Carp 広島東洋カープHiroshima Tōyō Kāpu Hiroshimaborder|20px|Hiroshima Hiroshima MAZDA Zoom-Zoom Stadium Hiroshima33.000 espectadores Familia Matsuda(familia fundadora de Mazda) 40px|center Tokyo Yakult Swallows 東京ヤクルトスワローズTōkyō Yakuruto Suwarōzu Shinjukuborder|20px|Tokyo Tokyo Estadio Meiji Jingu37.933 espectadores Yakult 40px|center Yokohama DeNA BayStars 横浜DeNAベイスターズYokohama DeNA Beisutāzu Iocoamaborder|20px|Kanagawa Kanagawa Yokohama Stadium30.000 espectadores DeNA 40px|center Yomiuri Giants 読売ジャイアンツYomiuri Jaiantsu Bunkyōborder|20px|Tokyo Tokyo Tokyo Dome46.000 espectadores Yomiuri Shinbun
Estatísticas EquipoCampiónSubcampiónTerceiroYomiuri Giants381213Chunichi Dragons92315Hiroshima Toyo Carp8610Yakult Swallows856Hanshin Tigers52015Yokohama BayStars2411Shochiku Robins100Nishinippon Pirates000
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pacific League Nippon Professional Baseball
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Nippon Professional Baseball