Arnulfo de Carantania (en alemán Arnulf von Kärnten), nado arredor de 850 e finado en Ratisbona o 8 de decembro de 899, foi margrave de Carantania, rei da Francia Oriental e de Lotarinxia e emperador carolinxio (ou de Occidente).
Traxectoria Arnulfo foi fillo natural do rei Carlomán e de nai eslovena, Litswinde, filla do conde Eberhard de Carantania (Carintia), de onde lle vén o seu sobrenome.
Despois de ser deposto o seu tío o emperador Carlos III o Gordo, converteuse en rei da Francia Oriental e de Lotarinxia (887).
Obtivo unha vitoria fronte aos viquingos na batalla de Lovaina en setembro de 891. Arnulfo invadiu Italia no ano 896. Co seu regreso a Alemaña en 896, Arnulfo descubriu que a súa mala saúde implicou que fose incapaz de tratar cos problemas referentes ao seu reinado. Italia perdeuse e cabaleiros de Moravia e Hungría estaban a saquear as súas terras continuamente; ademais, a Lotarinxia estaba en rebelión contra o seu fillo Zuentiboldo.Duckett, páx. 30Duckett, páx. 33 Tamén se viu afectado pola ascendente violencia e as loitas de poder entre a baixa nobreza alemá.Duckett, páx. 36
No ano 898, o emperador Lamberto foi derrotado por Berengario de Friúl que cobizaba o trono de Italia e morreu asasinado. Vacante o título imperial, Arnulfo logrou ser designado emperador.
O 8 de decembro de 899 Arnulfo de Carintia morreu en Ratisbona e sucedeuno como rei da Francia Oriental o seu fillo Luís IV, o Neno, que tivo coa súa esposa Ota (f. 903).Mann IV, páx. 100 Cando o seu único fillo lexítimo, Luís o Neno, morreu en 911 á idade de 17 ou 18 anos, a rama oriental (alemá) da casa de Carlomagno deixou de existir. Arnulfo fixo que a nobreza tamén recoñecese os dereitos dos seus fillos ilexítimos Zuentiboldo e Ratoldo como sucesores seus. Zuentiboldo, a quen fixera rei de Lotarinxia en 895, seguiu gobernando alí ata o ano seguinte (900).
Arnulfo está enterrado na basílica de santo Emmeram en Ratisbona, que actualmente se coñece como Schloss Thurn und Taxis, o palacio dos príncipes de Thurn und Taxis.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Duckett, Eleanor (1968). Death and Life in the Tenth Century. Ann Arbor: University of Michigan Press. Comyn, Robert. History of the Western Empire, from its Restoration by Charlemagne to the Accession of Charles V, Vol. I. 1851 Bryce, James, The Holy Roman Empire, MacMillan. 1913 Mann, Horace, K. The Lives of the Popes in the Early Middle Ages, Vol III: The Popes During the Carolingian Empire, 858–891. 1925 Mann, Horace, K. The Lives of the Popes in the Early Middle Ages, Vol IV: The Popes in the Days of Feudal Anarchy, 891–999. 1925
Categoría:Emperadores do Sacro Imperio Xermánico Categoría:Reis dos francos Categoría:Reis de Alemaña Categoría:Nados no século IX Categoría:Finados en 899