Carmen del Riego de Lucas, nada en Oviedo en 1960, é unha xornalista española, especializada en información política.

Traxectoria Nada en Oviedo en 1960, licenciouse en Ciencias da Información, en Dereito e en Ciencias Políticas e da Administración. Traballou na redacción de La Nueva España.

Entrou a traballar en Europa Press o 1 de xullo de 1982, cando as mulleres redactoras non eran frecuentes na axencia, e permaneceu nesta até 1989. Posteriormente traballou sucesivamente nos xornais Diario 16 (1989-1990), El Sol (1990-1992) e La Vanguardia (dende 1992), onde exerce de cronista política.

Tamén colaborou como tertuliana na Cadena SER, en Telemadrid e en Canal 9.

En 2011 converteuse, ó suceder a Fernando González Urbaneja, na primeira muller en desempeñar a presidencia da Asociación da Prensa de Madrid (APM). Foi sucedida en 2015 á fronte da APM por Victoria Prego.

Premios Premio «Luis Carandell» de Periodismo Parlamentario (2014)Administración do Senado:

Notas

Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Xornalistas de Asturias