Patricia Simón Carrasco, nada en Estepona, Málaga o 24 de febreiro de 1983, é unha xornalista asturiana. Licenciouse en xornalismo pola Universidade de Sevilla, especializouse en Relacións Internacionais polo Instituto de Estudos Políticos de Lión e é posgraduada en Políticas Públicas e Estado do Benestar pola Universidade de Oviedo.

Traxectoria Nada en Estepona, Málaga, aínda que residente en Asturias, actualmente é xornalista freelance, consultora e docente. Ten extensa experiencia como xornalista e editora de información nacional española e internacional en diferentes medios de comunicación. Como Xornalismo Humano, medio de comunicación dixital con enfoque de dereitos humanos do que foi cofundadora e subdirectora até 2013, na produtora de temáticas sociais Piraván de 2006 a 2010 e na televisiva Ítaca.

Especialista en Relacións Internacionais, enfoque de dereitos humanos e perspectiva de xénero. Ten unha ampla experiencia como coordinadora de comunicacións de proxectos educativos e xefa de gabinete de prensa. Tamén foi docente e relatora en cursos universitarios, obradoiros e seminarios organizados por diferentes ONGs, fundacións e axencias de cooperación. Realizou documentais en España, Guatemala, Nicaragua, o Brasil, Marrocos, o Senegal, Mauritania, o Líbano, Xordania, Honduras e Colombia.

Foi recoñecida co Premio da Asociación de Mulleres dos Medios de Comunicación de España en 2013 (AMECO).

Notas

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Feministas de España