Bernhard Hans Henry Scharoun , nado en Bremen o 20 de setembro de 1893 e finado en Berlín o 25 de novembro de 1972, foi un arquitecto alemán coñecido por deseñar a sala de concertos da Filharmónica de Berlín e a casa Schminke en Löbau. Foi un dos maiores expoñentes da arquitectura orgánica.

Traxectoria miniatura|240x240px|esquerda|Filharmónica de Berlín. Desde pequeno e tamén na súa etapa escolar en Bremerhaven, xa mostrara interese pola arquitectura. Realizou os seus primeiros deseños á idade de 16 anos, e xa aos 18 presentouse a un concurso para a modernización dunha igrexa.

En 1912 iniciou os estudos de arquitectura na Universidade Técnica de Berlín (naquel entón Königliche Technische Hochschule). Con todo, non chegou a terminar os seus estudos, xa que se alistou voluntario para servir durante a primeira guerra mundial. Traballou xunto co seu mentor Paul Kruchen nun programa de reconstrución da Prusia Oriental.

Ao rematar a guerra estableceuse como arquitecto na cidade de Breslau. Alí desenvolveu os seus primeiros proxectos e organizou varias exposicións, entre elas a primeira exposición do grupo expresionista Die Brücke.

Scharoun constitúe un caso absolutamente singular. Entre 1933 e 1945 envórcase, case obsesivamente, na realización dunha serie de casas unifamiliares, deseñando un total de vinte e seis proxectos. A vivenda unifamiliar constituía unha tipoloxía que apenas interesara a Hans Scharoun antes de 1933 nin lle interesou despois.

A dificultade de acceder a outros encargos ofreceuse como explicación máis habitual, mesmo polo propio Scharou, obviando de feito a existencia de numerosos encargos máis "escuros", como as numerosas residencias militares que construíu en Berlín e Bremerhaven no citado período. Fronte a estes últimos, a vivenda representa un campo de relativa liberdade, que posibilita o establecemento dunha liña de investigación persoal.

Foi nos seus principios expresionista e logo inclinouse cara ao lado racionalista.

Recoñecementos

1954 - Doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Berlín. 1954 - Premio Fritz Schumacher. 1955 - Premio das Artes de Berlín. 1958 - Medalla de bronce da Academia Libre das Artes de Hamburgo. 1959 - Großé Bundesverdienstkreuz (Grande Orde do Mérito Federal). 1962 - Senador honorífico da Universidade Técnica de Berlín. 1964 - Gran Premio do Bund Deutscher Architekten (Asociación dos arquitectos de Alemaña). 1965 - Doutor honoris causa pola Universidade de Roma. 1965 - Premio Auguste Perret. 1969 - Cidadán honorífico de Berlín. 1970 - Premio Erasmus.

De 1955 a 1968 foi presidente da Academia das Artes de Berlín occidental e posteriormente foi presidente honorario. Hans Scharoun foi membro fundador da sociedade berlinesa "Paul Hindemith".

Galería

Véxase tamén

Bibliografía Bürkle, J. Christoph: „Hans Scharoun”, Studio Paperback, Birkhäuser, Basilea, 1993, Genovese, Paolo Vincenzo, „Hans Scharoun, Scuola a Lünen”, Testo & Immagine, Turín, 2001. Jones, Peter Blundell: „Hans Scharoun — a monograph”, 1978, Jones, Peter Blundell: „Hans Scharoun”, Londres 1993/1997, (Hardback) (Paperback) Jones, Peter Blundell; „Hans Scharoun: Buildings in Berlin”, 2002, Kirschenmann, Jörg C. und Syring, Eberhard: „Hans Scharoun”, Taschen Basic Architecture, Taschen, Colonia, 2004, Bürkle, J. Christoph: „Hans Scharoun und die Moderne — Ideen, Projekte, Theaterbau”, Frankfurt am Main 1986 Janofske, Eckehard: „Architektur-Räume, Idee und Gestalt bei Hans Scharoun”, Braunschweig 1984 Jones, Peter Blundell: „Hans Scharoun — Eine Monographie”, Stuttgart 1980 Kirschenmann, Jörg C. und Syring, Eberhard: „Hans Scharoun — Die Forderung des Unvollendeten”, Deutsche Verlags-Anstalt, Stuttgart 1993, Pfankuch, Peter (Hrsg.): „Hans Scharoun — Bauten, Entwürfe, Texte”, Schriftenreihe der Akademie der Künste Band 10, Berlín, 1974, Neuauflage 1993, Ruby, Andreas und Ilka: Hans Scharoun. Haus Möller. Colonia, 2004. Syring, Eberhard und Kirschenmann, Jörg C.: „Hans Scharoun — Außenseiter der Moderne”, Taschen, Colonia, 2004, Wendschuh, Achim (Hrsg.): „Hans Scharoun — Zeichnungen, Aquarelle, Texte”, Schriftenreihe der Akademie der Künste Band 22, Berlín, 1993, Wisniewski, Edgar: „Die Berliner Philharmonie und ihr Kammermusiksaal. Der Konzertsaal als Zentralraum”, Berlín, 1993

Categoría:Arquitectos do Movemento Moderno Categoría:Arquitectos de Alemaña do século XX Categoría:Nados en Bremen Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Premio Erasmus