O Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG, habitualmente pronunciado /bolga/) é a aplicación das prescricións indicadas nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, redactadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, e asumidas por lei. Malia circular en copias privadas desde o ano 1989, no 2004 por fin apareceu publicado oficialmente en papel por estas dúas institucións baixo a coordinación de Manuel González González e de Antón Santamarina Fernández, co cal se creou a base normativa de facto (non de iure) para calquera obra lexicográfica xeral do galego.

Correccións ó VOLG Debido a que o VOLG é simplemente un listaxe ortográfico coa categoría gramatical, convén aclarar as formas flexionadas, derivadas e conxugadas que presenten dúbidas.

Aclaracións necesarias na aplicación das NOMIG e do VOLG As NOMIG e a súa reforma de 2003, das cales o VOLG non é máis ca unha plasmación práctica, son un paso importante para a normalización do galego, pero: 1: hai que ter en conta que existen outras orientacións normativas para o galego (lusistas, reintegracionista etc.), aínda que as NOMIG e o VOLG son as que se ensinan maioritariamente no ensino formal e as esixibles por parte da administración autonómica e estatal; 2: considerando que o VOLG é unha extensión práctica no eido da ortografía das NOMIG, e que estas (como indica o seu título) son normas no campo da ortografía e da morfoloxía, dedúcese que: 2.1: tanto un coma a outra non son prescritivas no campo da fala nin do nivel fónico, e polo tanto da fonética e fonoloxía, e xa que logo en rigor non proscriben ningún fenómeno lingüístico diatópico, diafásico ou diastrático do galego (ieísmo, gheada, seseo, metafonía, despalatalización etc.); 2.1a: a prescrición do VOLG respecto á fala si se dá para: o que nas regras de acentuación se estableza para as sílabas tónicas e a cantidade total delas; o que no uso dos diacríticos se estableza para o grao de abertura das vogais medias; o que no uso da diérese se promulgue para os encontros tautosilábicos ou heterosilábicos na conxugación de determinados verbos (ï para o copretérito de verbos rematados en aer, oer, air e oir); o que no uso práctico das normas (é dicir, na súa aplicación, que é o VOLG) se estableza para a divisións silábica dos encontros vocálicos átonos das semiesdrúxulas ou esdrúxulas; 2.2: no relativo concretamente á pronuncia da contracción ao, as NOMIG especifican explicitamente que a súa pronuncia será de vogal velar semiaberta; 2.3: outro tanto pódese aplicar á norma léxica: que unha palabra non apareza no VOLG non indica que sexa incorrecta, simplemente non está recollida (esta idea está moi estendida, tanto no que respecta á normativa do galego coma verbo do dicionario da RAE); 3: cando as NOMIG e o VOLG dan dúas posibilidades e unha delas coma prefente hai que tomalo coma tal: pódense usar as dúas alternativas pero dáse unha preferencia oficial (se se quere, recomendación) por unha delas. Nalgúns casos a preferencia da normativa anterior á reforma era a inversa da posterior, probablemente coma método de integración de innovacións á normativa e sistema de transición gradual a unha normativa futura diferente da anterior;

Fe de erros: os erros do VOLG conserxe: no orixinal consta coma substantivo masculino, cando debería ser substantivo de dobre xénero; cha e cho: nas súas notas (non presentes na edición publicada) consta coma contracción de preposición + artigo, cando é contracción de pronome + pronome

Orde segundo a característica anotada Cuestións de ortografía Conxugación verbal e simplificación de grupos consonánticos Nos verbos que, nalgunhas das súas formas ao longo da conxugación, poidan presentar ocasionalmente unha combinación que debería simplificarse, o grupo consonántico mantense por analoxía coa grafía do resto das formas da conxugación. Exemplo disto sería: reflectir, que nas persoas do tempo presente é reflicto, reflictes, reflicte, ...; Cando unha palabra composta é separada por guión, cada unha das súas partes recibe o til gráfico independentemente, e en coherencia con isto: non levan acento gráfico os adverbios rematados en mente, mesmo se están cortados dentro dunha enumeración de varios: drastica e definitivamente (non *drástica e definitivamente); no uso da segunda forma do artigo, consignarase se lle corresponde a cada palabra por separado: rematara-lo leite pero rematará-lo leite; Un caso especial da primeira regra citada é o seguinte: ye-yé (...), pl. ye-yés O acento gráfico poderíase considerar anormal pero non diacrítico, pois consígnase coa única función de obrigar á pronuncia oxítona do composto. Isto vén dado pola lóxica de que na ausencia de acentuación gráfica podería haber dúas pronuncias posibles e normativas. Outros dous casos de acento gráfico con comportamento anormal menciónanse máis adiante (os non prescritos -tén ou vén- e os non extrapolados ó plural -de ás e cós-)

Esta última circunstancia non se dá no caso do encontro de vogais vogais débiles e fortes en posición átona. A ortografía do galego (e de moitas linguas románicas, aínda que non do romanés) distingue co acento agudo (no romanés con outro grafema) o número de sílabas átonas, por exemplo, distinguindo a palabra ... (trisílaba: --) da palabra cambio (que debe ser cam-bio). A estas últimas, as que presentan un ditongo crecente postónico, adóitaselles chamar semiesdrúxulas, e no portugués son indistinguibles das anteriores. Debido a que no VOLG se consignan como semiesdrúxulas a maioría destas combinacións, pero en realidade os galegos na fala foxen de realizar ditongos crecentes rompéndoos coma hiatos, a ortografía non sempre está axustada ao que a xente di: aínda así, neste caso si existe unha prescrición fónica coma excepción do punto 2.1 das Aclaracións iniciais.

A pesar de que non consta explicitamente nas NOMIG, existen certos acentos gráficos que se poden consignar diacriticamente para distinguir o grao das vogais en dúas palabras que do contrario serían homógrafas, sempre marcando con acento agudo na palabra con vogal semiaberta: tén (3ª de indicativo) cf. ten (2ª de imperativo) tés (verbo ter) cf. tes (plural de (letra) T (ou coa súa forma)) vén (3ª de indicativo) cf. ven (2ª de imperativo) vés (verbo vir) cf. ves (verbo ver)

Outras simplificacións consonánticas As NOMIG prescriben que os grupos consonánticos simplifícanse sempre que non dea lugar a ambivalencias. Os casos nos que se dá esta son: adición ('suma'), adicción ('necesidade, vicio')

Cuestións de número Plurais regulares tutti (s.m.), pl. tuttis (infrecuente) nosopai (s.m.), pl. nosopais

Compostos coa partícula non-: non-aliñado (...), pl. non-aliñado (infrecuente) non-adhesión (...), pl. non-adhesión (infrecuente) non-intervención (...), pl. non-intervencións (infrecuente)

Compostos e estranxeirismos fox-trot (s.m.), pl. fox-trots walkie-talkie (s.m.), pl. walkie-talkies wáter-polo (s.m.), pl. wáter-pólos (infrecuente) ye-yé (...), pl. ye-yés

Plurais irregulares de palabras compostas Compostos de pé: cempés (s.m.), pl. cempés repousapés (s.m.), pl. repousapés trespés (s.m.), pl. trespés Compostos de cú: lavacús (s.m.), pl. lavacús rapacús (s.m.), pl. rapacús tapacús (s.m.), pl. tapacús Tamén é o caso de: matacandís (s.m.), pl. matacandís chascarraschás (s.m.), pl. chascarraschás (infrecuente)

Plurais especiais ás (s.m.), pl. ases (sen acento diacrítico) cós (s.m.), pl. coses (sen acento diacrítico)

Cuestións de xénero xesuíta anacoreta

Cuestións de categoría gramatical daca (contr., de dá + acá): é paroxítona e amalgámase co pronome átono nunha soa palabra: dácame celibato, -a K.O. S.O.S [sic] TNT homónimo milenario

Pendente de solución cuscús (s.m.), pl. ? (infrecuente por incontable) K.O. coma adxectivo

Véxase tamén Outros artigos NOMIG Ligazóns externas Web de descarga do VOLGa

Categoría:Lingua galega Categoría:Normalización lingüística do galego