O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo, subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, con Lucía Molares, Iolanda Veloso e María Xesús Lago como concelleiras

Características

O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi convocado por vez primeira vez no ano 2006, vindo substituír o Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo, co obxectivo de animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres. A partir do 2012 mudou no Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas.

O certame, aberto a todas as mulleres de calquera nacionalidade ou cultura, abarcaba tres premios: 1º Premio de 500 Euros, figura e diploma; 2º Premio de 250 Euros e diploma; 3º Premio: 150 Euros e diploma. Os relatos, de tema libre debían ser orixinais e inéditos, escritos en galego normativo, cunha extensión mínima de 15 páxinas e máxima de 30.

Obras gañadoras 2007 (I edición) 1º premio: "Mans coma nubes", de Rosa María Llorente Suárez. 2º premio: "O soño do peneque", de Pilar Ortega Pereiro

2008 (II edición) 1º premio: "Miserere", de Fátima Peón Torres 2º premio: "Surrealidades", de Clara do Roxo 3º premio: "Pel de pataca", de Mar Guerra Cid Finalistas: "Renovación", de Josefa de la Esperanza Mandado Estévez, e "Farakha", de María Cristina Pavón Mauriz

2009 (III edición) 1º premio: "Terapia mnémica", de María Cristina Pavón Mauriz 2º premio: "O último abril", de María Xosé Castelao Lestón 3º premio: "Tesalónica", de Teresa Barberena Fernández Mención especial: "Coherencia", de María Cristina Pavón Mauriz

2011 (IV edición) 1º premio: "Bonecas", de Beatriz Lorenzo López 2º premio: "Ruído branco", de María Cristina Pavón Mauriz 3º premio: "O Carteiro", de María Xosé Castelao Lestón Mención especial: "Miseria", de Soledad Agra Tunas

Notas

Outros artigos Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas

Mulleres Progresistas Mulleres Progresistas Categoría:Cultura en Vigo