Andrés Núñez Rajoy, nado en Padrón o 10 de xaneiro de 1957, é un enxeñeiro técnico agrícola e político galego. Traxectoria

Diplomouse en enxeñería técnica agrícola na Universidade de Santiago de Compostela en 1979. Foi responsable a partir de 1981 do departamento de horticultura da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña (Leyma). Entre 1984 e 1990 actuou como secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña e Pontevedra.

Accedeu á administración pública en 1987 como axente de extensión agraria, exercendo primeiro en Carballo e posteriormente enSantiago de Compostela.

Dende 1994 foi o responsable de horticultura do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia con sede en Santiago de Compostela e en 2005 asumiu da dirección do Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal da Consellería do Medio Rural.

Paralelamente foi membro do Comité Fitosanitario Nacional, da Comisión Nacional de Avaliación de Fitosanitarios, da Comisión Nacional de Bioseguridade e Union Europea.

Tras unha larga traxectoria no BNG pasou a militar en Compromiso por Galicia. Foi membro da Comisión Executiva Nacional do partido, cabeza de lista nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 pola provincia de Pontevedra e candidato á alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais de 2019."Andrés Núñez Rajoy será o cabeza de lista de Compromiso na cidade de Pontevedra". Pontevedra Viva, 4 de febreiro de 2019

Colabora decote en Pontevedra Viva. Obra

A nosa horta (Xerais, 1998; con Xesús Cordeiro e Consuelo Davila).

Notas

Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1957 Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes