Richard Oswalt Covey, nado en Fayetteville (Arcansas) o 1 de agosto de 1946, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-I, STS-26, STS-38 e STS-61. Pasou un total de 26,88 días no espazo.
Traxectoria Covey licenciouse en enxeñería pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1968 e máster en aeronáutica e astronáutica pola Universidade Purdue en 1969.
Seleccionouno a NASA en xaneiro de 1978, converténdose oficialmente en astronauta en agosto do ano seguinte. Participou nas misións STS-51-I, STS-26, STS-38 e STS-61, pasando un total de 26,88 días no espazo. Retirouse da NASA en agosto de 1994.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-I STS-26 STS-38 STS-61
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Fayetteville, Arcansas