Extremely Wicked, Shockingly Evil and Vile é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Joe Berlinger cun guión de Michael Werwie. O filme baséase nas memorias de based on Elizabeth Kendall The Phantom Prince: My Life with Ted Bundy e conta a historia do asasino en serie Ted Bundy dende o seu punto de vista. Está protagonizado por Zac Efron no papel de Bundy, con Lily Collins como Kendall, Kaya Scodelario como a muller de Bundy, Carole Ann Boone, e John Malkovich como Edward Cowart, o xuíz do caso de Bundy. O título do filme é unha referencia ó comentario de Cowart sobre os asasinatos de Bundy cando o estaba a sentenciar a morte.
Extremely Wicked, Shockingly Evil and Vile estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 26 de xaneiro de 2019, e foi lanzado o 3 de maio de 2019 por Netflix. O filme recibiu críticas dispares aínda que a actuación de Efron foi louvada.
Personaxes Zac Efron como Theodore "Ted" Bundy Lily Collins como Elizabeth "Liz" Kendall Kaya Scodelario as Carole Ann Boone John Malkovich como xuíz Edward Cowart Jeffrey Donovan como John O'Connell Angela Sarafyan como Joanna Dylan Baker como David Yocom Brian Geraghty como Dan Dowd Jim Parsons como Larry Simpson Haley Joel Osment como Jerry Thompson Grace Victoria Cox como Carol Daronch Terry Kinney como detective Mike Fisher James Hetfield como oficial Bob Hayward
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1969 Categoría:Filmes ambientados en 1989 Categoría:Filmes ambientados en Colorado