O armenio occidental (en ortografía clásica: , arevmdahayerên)Pronunciado arevmtahayeren en armenio oriental e escrito արևմտահայերեն na ortografía reformada. é unha das dúas formas estandarizadas do armenio moderno, sendo a outra o armenio oriental. Até comezos do século XX, varios dialectos do armenio occidental eran falados no Imperio Otomán, especialmente nas rexión orientais do imperio, poboadas historicamente por armenios e coñecida como Armenia Occidental. As falas ou variedades dialectais do armenio occidental actualmente en uso inclúen o "homshetsi", falado polos hemshin; os dialectos dos armenios de Kessab, Latakia e Jisr al-Shughur de Siria, os de Anjar do Líbano, e os de Vakıflı, de Turquía (parte do dialecto "sueidia"). O armenio occidental está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en armenio occidental Bibliografía

Categoría:Linguas de Turquía Categoría:Linguas de Siria Categoría:Linguas do Líbano Categoría:Linguas de Iraq Categoría:Linguas de Chipre Categoría:Linguas de Grecia Categoría:Linguas do Canadá Categoría:Linguas de Francia