A República Socialista Soviética de Letonia (en letón: Latvijas PSR) foi o nome dado o 21 de xullo de 1940 ó estado creado durante a segunda guerra mundial no territorio da previamente independente República de Letonia tras ser ocupada polo Exército Soviético o 17 de xuño de 1940 de acordo cos termos do Pacto de Molotov-Ribbentrop. A RSS de Letonia ingresou formalmente na Unión Soviética o 5 de agosto de 1940, cando nominalmente converteuse na quinceava república das que constituían a URSS. O seu territorio foi conquistado pola Alemaña en 1941, denantes de ser retomada polos soviéticos entre 1944 e 1945.

Categoría:Historia de Letonia Letonia