A Lei Orgánica 6/2001 de Universidades (LOU) foi unha lei española, que reformou a estrutura e o funcionamento da educación universitaria..Boletín Oficial del Estado-A-2001-24515Foi promulgada o 21 de decembro de 2001 polo segundo goberno do José María Aznar (PP).

Derrogou a Lei orgánica 11/1983 de Reforma Universitaria (LORU), que foi a primeira lei que configurou a estrutura e goberno das Universidades españolas para adaptar esta Institución aos preceptos da Constitución Española de 1978..Boletín oficial del Estado-A-1983-23432

O proceso de aprobación da lei de Universidades do 2001 tivo moita oposición social, xerando grandes manifestacións estudantís.Especial diario El Mundo

No ano 2007, sendo xa presidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, (PSOE), a LOU, á súa vez, foi modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril.

Cando o PSOE estaba na oposición xa se opuxera frontalmente a ela e no discurso de investidura do novo presidente do goberno, anunciouse que a LOU ía ser reformada de inmediato.Discurso investidura de Jose Luis Rodríguez Zapatero A reforma realizouse en abril do ano 2007, previamente publicouse o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establecía a ordenación dos ensinos universitarios oficiais para a súa adaptación ao denominado Proceso de Boloña e a iniciación do Espazo Europeo de Educación Superior.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

LEI ORGÁNICA 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades

Categoría:Ensino en España Categoría:Leis de España Categoría:Universidades de España Categoría:Lexislación educativa