O Spilocuscus maculatus é unha especie de marsupial que habita na rexión da Península de Cabo York, en Australia, na illa de Nova Guinea, e nas illas achegadas máis pequenas.

Descrición O seu corpo mide entre 35 e 65 cm de lonxitude e a súa cola entre 30 a 60 cm de longo, sendo prénsil. O seu peso rolda os 800 g. A pelaxe dos machos é de cor castaña, olivácea a alaranxada con manchas brancas irregulares, mentres que as femias son grises. A testa é redondeada, coas orellas pequenas e os ollos grandes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Boitani, Luigi e Stefania Bartoli 1982. Guía de Mamíferos: 13. Barcelona: Ediciones Grijalbo, 1985. ISBN 84-253-1659-6

Ligazóns externas The Spotted Cuscus - general information The Cuscus - more general information

Categoría:Mamíferos de Australia Categoría:Mamíferos de Papúa-Nova Guinea Categoría:Mamíferos de Indonesia Categoría:Animais descritos en 1803